| Título | Guía didáctica do recurso "A gran selección galega" |
|---|---|
| Descrición |
Este recurso é a guía para que o profesorado coñeza as recomendacións de uso na aula do REA "A gran selección galega", e a súa correspondencia co currículo de Educación Física de 2º da ESO en Galicia. A situación de aprendizaxe desenvolve a constitución do Comité Olímpico Galego (COG). O alumnado, como integrante do COG, terá que especializarse en dúas modalidades de deportes individuais: atletismo e pas. No atletismo practicará o salto de lonxitude, o salto de altura, as carreiras de velocidade e as remudas; mentres que nas pas superará desafíos de muro e de cancha dividida. Ademais, coñecerá os principais expoñentes galegos destas modalidades deportivas, poñendo en valor o papel da muller neste eido. O reto proposto consiste en crear un proceso de selección tipo breakout que lle permita ao COG escoller as mellores persoas deportistas das modalidades de atletismo e pas. |
| Persoas elaboradoras |
Xiana Guerra Arias Luis Miguel Quinteiro López Iago Saco Estévez |
| Organización |
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia. |
| Licenza | Licenza Creative Commons Atribución Non comercial Compartir igual 4.0 |
Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.
Os elementos multimedia incluídos nesta guía didáctica son de elaboración propia no marco do proxecto cREAgal, con licenza CC BY-NC-SA. No caso de incluír algún recurso externo non elaborado por cREAgal, indícase no propio recurso a súa licenza específica.
