Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA (Recurso Educativo Aberto) forma parte dun conxunto de catro REA, que constitúen unha proposta global para a materia de Educación Física de 2º ESO dentro do proxecto cREAgal, co obxectivo de  conter as nove Unidades didácticas (UD) recollidas na Programación modelo de Proens vixente no curso 2025-2026 para esta materia.

Esta proposta supón, polo tanto, o agrupamento de varias UD nun mesmo REA, o que afecta unicamente á temporalización, sen que haxa modificación dos elementos curriculares establecidos na programación modelo Proens vixente. Deste xeito:

  • A UD 8 "Descubrimos outros espazos" trasládase ao primeiro trimestre, incluíndose no REA 1 xunto coas UD 1 "Ampliamos PAS e quentamos" e UD 2 "Coido o meu corpo".
  • A UD 3 "Os xogos populares" pasa ao segundo trimestre e inclúese, xunto coa UD 6 "Danzamos e bailamos", no REA 2. Deste xeito, trabállanse conxuntamente os elementos transmisores da cultura galega e estranxeira.
  • A UD4 "Iniciámonos nun deporte individual" (pertencente ao segundo trimestre) agrúpase coa UD 9 "Xogamos con pas e raquetas" (do terceiro trimestre) no REA 3. Isto permite abordar conxuntamente os contidos relacionados coa práctica dun deporte individual (con e sen complemento). O REA 3 queda así temporalizado entre dous trimestres: o segundo e o terceiro. Por isto, está prevista a súa avaliación parcial con instrumentos ben diferenciados en diferentes momentos do REA.
  • A UD 5 "Probamos un deporte alternativo" pasa do segundo ao terceiro trimestre para formar parte do REA 4, xunto coa UD 7 "Practicamos un deporte colectivo". Este último REA agrupa os contidos relativos á práctica dun deporte colectivo.

No botón inferior pódese consultar a proposta global.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "Axencia S.A.U.D.E.: Misión Anti-Sedentor"

UD 1. Ampliamos PAS e quentamos.

UD 2. Coido o meu corpo.

UD 8. Descubrimos outros espazos.

CA1.2 - CA1.2.1 - CA1.3 - CA1.4 - CA2.1 - CA2.2 - CA2.6 - CA6.1 - CA6.2

CA1.1 - CA1.2 - CA1.2.1 - CA1.3 - CA1.4 - CA1.5 - CA1.6 - CA1.7 - CA2.3 - CA2.4 - CA3.1

CA1.2 - CA1.2.1 – CA2.3 - CA2.6 - CA6.1 - CA6.2 - CA6.3 - CA6.4

32

(9 + 17 + 6)

Primeiro trimestre
REA 2: "Galegas polo mundo!"

UD 3. Os xogos populares.

UD 6. Danzamos e bailamos. 

CA4.1 - CA1.2 - CA1.2.1 - CA1.6 – CA2.5 – CA3.3 - CA3.4 - CA3.5 - CA4.2 - CA5.1 - CA6.3 

CA1.2 - CA1.2.1 – CA3.1 - CA3.2 - CA3.4 – CA3.5 - CA4.2 - CA4.3 - CA5.1 - CA5.2

19

(9 + 10)

Segundo trimestre
REA 3: "A gran selección galega"

UD 4. Iniciámonos nun deporte individual.

UD 9. Xogamos con pas e raquetas.

CA1.2 - CA1.2.1 -CA1.3 - CA1.6 - CA1.7 - CA2.1 - CA2.3 - CA2.4 - CA3.1 - CA3.2 - CA4.1
CA1.2 - CA1.2.1 – CA1.4 - CA2.1 - CA2.3 - CA2.4 - CA3.2 - CA3.3 - CA4.1 - CA4.2 - CA4.3 

28

(17 + 11)

Segundo e terceiro trimestre
REA 4: "O ADN dos deportes de equipo"

UD 7. Practicamos un deporte colectivo.

UD 5. Probamos un deporte alternativo.

CA1.2 - CA1.2.1 - CA1.4 - CA2.1 - CA2.3 - CA2.4 - CA3.2 - CA3.3 - CA4.1 - CA4.2 - CA4.3
CA1.2 - CA1.2.1 - CA1.6 – CA1.7 - CA3.1 - CA3.2 - CA3.3 - CA4.4 - CA3.5 - CA4.1 - CA4.2 - CA5.1

21

(14 + 7)

Terceiro trimestre

Eixes da proposta didáctica

A área de Educación Física fundaméntase no desenvolvemento integral do alumnado a través do movemento, contribuíndo á mellora da calidade de vida, ao coñecemento do propio corpo e á adquisición de actitudes e valores relacionados coa práctica motriz. Nesta proposta, a conduta motora convértese nun medio para explorar a cooperación, a resolución de retos e a conciencia sobre hábitos saudables e deportividade, promovendo a saúde e a convivencia positiva.

O REA "A gran selección galega" insírese nos eixes da materia recollidos na programación, especialmente naqueles vinculados a un deporte individual (atletismo) e ás habilidades con complemento, así como á interacción motriz en contextos cooperativos. A través dos retos físicos e os desafíos breakout, o alumnado desenvolverá capacidades motrices, coordinación, forza, equilibrio e resistencia; ao tempo que reforza a autonomía, a creatividade, a socialización e o traballo en equipo.

A Educación Física preséntase nesta unidade como unha ferramenta para a educación en valores, favorecendo a inclusión, a coeducación e o respecto pola diversidade. O proxecto propón unha mirada que conecta o espírito olímpico galego coa aprendizaxe activa, promovendo actitudes de responsabilidade, cooperación e compromiso coa saúde propia e do grupo.

Así mesmo, esta situación de aprendizaxe entende o movemento non só como execución técnica, senón como un recurso pedagóxico con funcións sociais, cooperativas e de reflexión sobre hábitos saudables. O alumnado participa activamente en procesos de planificación, realización e avaliación de desafíos, aprendendo a asumir diferentes roles, a xestionar emocións e a colaborar para acadar un obxectivo común: seleccionar o Comité Olímpico Galego simbólico.

A proposta conecta tamén cos seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS):

  • ODS 3. Saúde e benestar, ao fomentar a práctica de actividade física a través do atletismo e os retos cooperativos, promovendo hábitos saudables e o benestar físico e emocional.
  • ODS 4. Educación de calidade, ao propoñer unha aprendizaxe activa, inclusiva e significativa, baseada na participación, reflexión e respecto á diversidade.
  • ODS 5. Igualdade de xénero, ao favorecer a participación equitativa de todo o alumnado en actividades deportivas e cooperativas, rompendo estereotipos asociados ao movemento.
  • ODS 10. Redución das desigualdades, ao traballar a inclusión, o respecto polas capacidades diversas do alumnado e a cooperación en equipo.
  • ODS 17. Alianzas para acadar os obxectivos, mediante o uso de recursos educativos abertos e o fomento da colaboración, o traballo en equipo e a organización de retos colectivos.

Deste xeito, "A gran selección galega" configúrase como unha proposta coherente cos eixes da materia de Educación Física; que utiliza o atletismo, as pas e os desafíos cooperativos como medios para favorecer unha aprendizaxe integral, significativa e conectada coa realidade social e cultural do alumnado.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de Educación Física de 2º de ESO, contextualízase na unidade didáctica 4, titulada "Iniciámonos nun deporte individual" e na unidade didáctica 9, chamada "Xogamos con palas e raquetas". 

A continuación expóñense os contidos específicos traballados dentro do recurso:

Contidos Bloque da materia
  • Saúde física:
    • Educación postural: técnicas básicas de descarga postural e relaxación.
    • Traballo compensatorio da musculatura postural.
    • Coidado do corpo: quecemento xeral e específico autónomo.
    • Pautas para tratar a dor muscular de orixe retardada.
    • A hixiene como elemento imprescindible na práctica da actividade física e deportiva.
  • Saúde social:
    • Análise crítica dos estereotipos corporais, de xénero e competencia motriz e dos comportamentos violentos e incitación ao odio no deporte.
  • Saúde mental:
    • Aceptación de limitacións e posibilidades de mellora ante as situacións motrices.
    • A actividade física e o deporte como fonte de gozo, liberación de tensións, cohesión social, superación persoal e medio para previr trastornos alimentarios.
    • Reflexión sobre actitudes negativas cara á actividade física derivadas de ideas preconcibidas, prexuízos, estereotipos ou experiencias negativas.
Bloque 1. Vida activa e saudable.
  • Elección da práctica física: xestión das situacións de competición con base en criterios de lóxica, respecto ao rival e motivación.
  • Planificación e autorregulación de proxectos motores:
    • Establecemento de mecanismos de autoavaliación para reconducir os procesos de traballo.
    • Ferramentas dixitais para a xestión da actividade física.
  • Prevención de accidentes nas prácticas motrices.
Bloque 2. Organización e xestión da actividade física
  • Toma de decisións:
    • Utilización consciente do corpo en función das características da actividade, do contexto e dos parámetros espaciais en que se desenvolve en situacións motrices individuais.
    • Análise de movementos e patróns motores do adversario para actuar en consecuencia en situacións motrices de persecución e de interacción cun móbil.
    • Adaptación dos movementos propios ás accións do contrario en situacións de oposición.
  • Capacidades perceptivo-motrices en contexto de práctica: integración do esquema corporal e dos diferentes aspectos coordinativos, espaciais e temporais en determinadas secuencias motrices e/ou deportivas.
  • Capacidades condicionais: desenvolvemento das capacidades físicas básicas.
  • Habilidades motrices específicas asociadas á técnica en actividades físico-deportivas.
Bloque 3. Resolución de problemas en situacións motrices.
  • Xestión emocional: a tensión en situacións motrices, sensacións, indicios e manifestacións.
    • Perseveranza e tolerancia á frustración en contextos físico-deportivos.
  • Respecto ás regras: as regras de xogo como elemento de inclusión social.
    • Funcións de arbitraxe deportiva.
  • Identificación e rexeitamento de condutas contrarias á convivencia en situacións motrices.
  • Deporte e perspectiva de xénero: promoción do deporte en igualdade, figuras masculinas e femininas do deporte galego, análise crítica.
  • Igualdade de xénero nas profesións asociadas ao deporte.
Bloque 4. Autorregulación emocional e interacción social en situacións motrices.

Os obxectivos da materia que se traballan neste REA son os que seguen:

Obxectivos Descrición
OBX 1 Adoptar un estilo de vida activo e saudable, seleccionando e incorporando intencionalmente actividades físicas e deportivas nas rutinas diarias, a partir dunha análise crítica dos modelos corporais e do rexeitamento das prácticas que carezan de base científica para facer un uso saudable e autónomo do seu tempo libre e así mellorar a calidade de vida.
OBX 2 Adaptar, con progresiva autonomía na súa execución, as capacidades físicas, perceptivo-motrices e coordinativas, así como as habilidades e destrezas motrices, aplicando procesos de percepción, decisión e execución adecuados á lóxica interna e aos obxectivos de diferentes situacións con dificultade variable para resolver situacións de carácter motor vinculadas con distintas actividades físicas funcionais, deportivas, expresivas e recreativas e para consolidar actitudes de superación, crecemento e resiliencia ao enfrontarse a desafíos físicos.
OBX 3 Compartir espazos de práctica físico-deportiva con independencia das diferenzas culturais, sociais, de xénero e de habilidade, priorizando o respecto entre os e as participantes e as regras sobre os resultados, adoptando unha actitude crítica ante comportamentos antideportivos ou contrarios á convivencia e desenvolvendo procesos de autorregulación emocional que canalicen o fracaso e o éxito nestas situacións, para contribuír con progresiva autonomía ao entendemento social e ao compromiso ético nos diferentes espazos en que se participa.
OBX 4 Practicar, analizar e valorar distintas manifestacións da cultura motriz aproveitando as posibilidades e recursos expresivos que ofrecen o corpo e o movemento, afondando nas consecuencias do deporte como fenómeno social e analizando criticamente as súas manifestacións desde a perspectiva de xénero e desde os intereses económico-políticos que o rodean, para alcanzar unha visión máis realista, contextualizada e xusta da motricidade no marco das sociedades actuais.

O REA contribúe ao desenvolvemento das competencias clave do alumnado a través dos seguintes descritores operativos:

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL3, CCL5
Competencia plurilingüe (CP) CP3
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) STEM2, STEM5
Competencia dixital (CD) CD4
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA1, CPSAA2, CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5
Competencia cidadá (CC) CC2, CC3
Competencia emprendedora (CE) CE2, CE3
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) CCEC1, CCEC2,CCEC3, CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)