Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Este recurso está pensado para desenvolverse ao longo de 20 sesións e, segundo a proposta cREAgal para a materia de Educación Física de 2º de ESO, englóbase entre o segundo e terceiro trimestre.

A continuación, inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

1. Inauguración

1.1. O Comité Olímpico Galego.

1.2. Obxectivos.

1.3. O plan.

Sesión de motivación e presentación do reto a desenvolver, onde se introduce o papel do alumnado como novo Comité Olímpico Galego encargado de seleccionar deportistas, poñendo en valor a actividade física, o deporte e os hábitos saudables como base do rendemento.

1/2 sesión

2. As bases

2.1. As comisións.

2.2. Prendendo a chama.

Sesións de revisión e activación de coñecementos previos en relación co traballo en equipo, o quecemento e as habilidades motrices.

1 e 1/2 sesión 

3. Rumbo á selección

3.1. Activamos o corpo.

3.2. Desafíos na pista.

3.3. Xogamos coa pa.

3.4. Talento galego.

3.5. Misión breakout.

3.6. Posta a punto olímpica.

Sesións con actividades grupais para practicar diferentes desafíos de atletismo e pas. Esta práctica grupal se complementa con actividades de consolidación individuais de diferente nivel.

13 sesións

4. Selección en 3, 2, 1!

4.1. COG en acción.

4.2. Decisións técnicas.

4.3. A proba final.

Sesións dirixidas ao desenvolvemento e execución do reto proposto. O alumnado deseña e organiza o seu breakout como Comité Olímpico Galego, realiza probas, enigmas e, finalmente, leva a cabo a posta en práctica do desafío.

3 sesións

5. Clausura olímpica

5.1. Valoración olímpica.

5.2. A meta final.

Sesión vinculada á auto e coavaliación do traballo desenvolvido ao longo da situación de aprendizaxe, á  síntese visual dos contidos incluídos no REA e á reflexión, individual e en grupo sobre a utilidade das aprendizaxes adquiridas e a súa transferencia á vida real. 

2 sesións

Feito con eXeLearning (Nova xanela)