Contextualización do REA na programación de materia
Este REA (Recurso Educativo Aberto) forma parte dun conxunto de catro REA, que constitúen unha proposta global para a materia de Educación Física de 2º ESO dentro do proxecto cREAgal, co obxectivo de conter as nove Unidades didácticas (UD) recollidas na Programación modelo de Proens vixente no curso 2025-2026 para esta materia.
Esta proposta supón, polo tanto, o agrupamento de varias UD nun mesmo REA, o que afecta unicamente á temporalización, sen que haxa modificación dos elementos curriculares establecidos na programación modelo Proens vixente. Deste xeito:
- A UD 8 "Descubrimos outros espazos" trasládase ao primeiro trimestre, incluíndose no REA 1 xunto coas UD 1 "Ampliamos PAS e quentamos" e UD 2 "Coido o meu corpo".
- A UD 3 "Os xogos populares" pasa ao segundo trimestre e inclúese, xunto coa UD 6 "Danzamos e bailamos", no REA 2. Deste xeito, trabállanse conxuntamente os elementos transmisores da cultura galega e estranxeira.
- A UD4 "Iniciámonos nun deporte individual" (pertencente ao segundo trimestre) agrúpase coa UD 9 "Xogamos con pas e raquetas" (do terceiro trimestre) no REA 3. Isto permite abordar conxuntamente os contidos relacionados coa práctica dun deporte individual (con e sen complemento). O REA 3 queda así temporalizado entre dous trimestres: o segundo e o terceiro. Por isto, está prevista súa avaliación parcial con instrumentos ben diferenciados en diferentes momentos do REA.
- A UD 5 "Probamos un deporte alternativo" pasa do segundo ao terceiro trimestre para formar parte do REA 4, xunto coa UD 7 "Practicamos un deporte colectivo". Este último REA agrupa os contidos relativos á práctica dun deporte colectivo.
No botón inferior pódese consultar a proposta global.
Relación dos REA coa programación modelo de Proens
| Número de REA e título | Unidade/s didáctica/s (Proens) | Criterios de avaliación traballados | % Peso Materia (Orientación de Proens) | Temporalización |
|---|---|---|---|---|
| REA 1: "Axencia S.A.U.D.E.: Misión Anti-Sedentor" |
UD 1. Ampliamos PAS e quentamos. UD 2. Coido o meu corpo. UD 8. Descubrimos outros espazos. |
CA1.2 - CA1.2.1 - CA1.3 - CA1.4 - CA2.1 - CA2.2 - CA2.6 - CA6.1 - CA6.2 CA1.1 - CA1.2 - CA1.2.1 - CA1.3 - CA1.4 - CA1.5 - CA1.6 - CA1.7 - CA2.3 - CA2.4 - CA3.1 CA1.2 - CA1.2.1 – CA2.3 - CA2.6 - CA6.1 - CA6.2 - CA6.3 - CA6.4 |
32 (9 + 17 + 6) |
Primeiro trimestre |
| REA 2: "Galegas polo mundo!" |
UD 3. Os xogos populares. UD 6. Danzamos e bailamos. |
CA4.1 - CA1.2 - CA1.2.1 - CA1.6 – CA2.5 – CA3.3 - CA3.4 - CA3.5 - CA4.2 - CA5.1 - CA6.3 CA1.2 - CA1.2.1 – CA3.1 - CA3.2 - CA3.4 – CA3.5 - CA4.2 - CA4.3 - CA5.1 - CA5.2 |
19 (9 + 10) |
Segundo trimestre |
| REA 3: "A gran selección galega" |
UD 4. Iniciámonos nun deporte individual. UD 9. Xogamos con pas e raquetas. |
CA1.2 - CA1.2.1 -CA1.3 - CA1.6 - CA1.7 - CA2.1 - CA2.3 - CA2.4 - CA3.1 - CA3.2 - CA4.1 CA1.2 - CA1.2.1 – CA1.4 - CA2.1 - CA2.3 - CA2.4 - CA3.2 - CA3.3 - CA4.1 - CA4.2 - CA4.3 |
28 (17 + 11) |
Segundo e terceiro trimestre |
| REA 4: "O ADN dos deportes de equipo" |
UD 7. Practicamos un deporte colectivo. UD 5. Probamos un deporte alternativo. |
CA1.2 - CA1.2.1 - CA1.4 - CA2.1 - CA2.3 - CA2.4 - CA3.2 - CA3.3 - CA4.1 - CA4.2 - CA4.3 |
21 (14 + 7) |
Terceiro trimestre |