Metodoloxía
Este REA enmárcase dentro do proxecto cREAgal, cuxos principios pedagóxicos inciden no uso de metodoloxías activas na aula, orientadas a que o alumnado desenvolva as competencias clave; na aplicación dun enfoque inclusivo para os recursos empregados, baseados no deseño universal para a aprendizaxe (DUA); na potenciación tanto da autonomía persoal como da aprendizaxe colaborativa, ao combinar actividades individuais e grupais; e na reflexión e a avaliación das aprendizaxes adquiridas.
Así mesmo, este REA é coherente coa proposta metodolóxica que se recolle en Proens para a materia de "Educación Física" de 2º ESO, sendo:
- Flexible: adaptándose continuamente aos diferentes niveis de cada alumna e alumno.
- Activa: fomentando alumnado autónomo e responsable das súas aprendizaxes.
- Participativa: potenciando a cooperación-colaboración.
- Integradora: facilitando poder sentirse capaces coas súas propias respostas motrices e coas súas diferenzas, mellorando a autoestima.
- Contextualizada: facendo que o alumnado comprenda o que está a facer, cales son os obxectivos e os pasos.
- Lúdica: empregando o xogo como elemento fundamental.
- Creativa: propoñendo a procura de solucións aos problemas que vaian aparecendo ao longo da aprendizaxe.
- Progresiva: expoñendo ao alumnado a novos retos e momentos de aprendizaxe cada vez máis complexos.