Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Este recurso está pensado para desenvolverse ao longo de 13 sesións e, segundo a proposta cREAgal para a materia de Educación Física de 2º de ESO, englóbase no segundo trimestre.

A continuación, inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización
1. A escaleta

1.1. Abrindo camiño.

1.2. Obxectivos.

1.3. O guión.

Sesión de motivación e presentación do reto que se vai desenvolver, onde se pon en valor o papel da danza e do xogo como elementos transmisores da cultura dun pobo. 1 sesión
2. Reunión de guión

2.1. Sintonizando coñecementos.

2.2. Calidade do sinal.

Sesións de revisión e activación de coñecementos previos en relación co traballo en equipo, a expresión corporal, a coordinación motriz, a danza e o xogo. 2 sesións
3. Preprodución

3.1. A equipaxe.

3.2. A procura.

3.3. O novo fogar.

Sesións con actividades grupais para practicar diferentes danzas e xogos, tanto galegos como do mundo. Esta práctica grupal se complementa con actividades de consolidación individuais de diferente nivel. 5 sesións
4. Saída en antena

4.1. Organizando a emisión.

4.2. Ensaio xeral.

4.3. Dentro directo.

Sesións dirixidas ao desenvolvemento e execución do reto proposto. O alumnado organiza a emisión de Galegas polo mundo!, fai un ensaio xeral explorando novos espazos para a práctica deportiva e, por último, fai a representación final.  5 sesións
5. Análise de audiencia

5.1. Que di o "audímetro"?

5.2. A escena final.

Sesión vinculada á auto e coavaliación do traballo desenvolvido ao longo da situación de aprendizaxe, á  síntese visual dos contidos incluídos no REA e á reflexión, individual e en grupo, sobre a utilidade das aprendizaxes adquiridas e a súa transferencia á vida real.  1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)