Contextualización do REA na programación de materia
Este REA (Recurso Educativo Aberto) forma parte dun conxunto de 4 REA, unha proposta global para a materia de EDF Educación Física de 2º de ESO do proxecto cREAgal para conter as 9 UD (Unidades Didácticas) recollidas da programación modelo de Proens vixente no curso 2025 – 2026.
A distribución do conxunto de REA da materia de EDF de 2º ESO respecta no posible a temporalización por trimestre e a secuencia de UD. A proposta de emparellar varias UD por REA respecta os elementos curriculares da programación modelo Proens vixente.
Programación modelo de Proens EDF 2ESO curso 2025-2026 pdf
En parte, os cambios na temporalización das UD son mínimas e atende a proposta de englobar as 9 UD en 4 REA.
A UD 8 “descubrimos outros espazos” trasládase ao primeiro trimestre no REA 1 coas UD 1 "Ampliamos PAS e quentamos" e UD 2 "Coido o meu corpo".
A UD 3 “Os xogos populares” pasa ao segundo trimestre e englóbase coa UD 6 “Danzamos e bailamos” e deste xeito xúntase no REA 2 que corresponde coa temática de “Xogos e Danzas” conxuntamente.
A UD 9 “Xogamos con pas e raquetas” forma conxunto coa UD4 “Iniciámonos nun deporte individual” formando conxunto no REA 3 cunha temática de practicar un deporte individual con e sen complemento (raqueta).
Rematando no REA 4 englóbase a UD 7 “Practicamos un deporte colectivo” coa UD 5 “Probamos un deporte alternativo” coa temática de practicar un deporte colectivo e alternativo.
Relación dos REA coa programación modelo de Proens
| Número de REA e título | Unidade/s didáctica/s (Proens) | Criterios de avaliación traballados | % Peso Materia (Orientación de Proens) | Temporalización |
|---|---|---|---|---|
| REA 1: "Axencia S.A.U.D.E.: Misión Anti-Sedentor" |
UD1 Ampliamos PAS e quentamos |
CA1.2 - CA1.2.1 - CA1.3 - CA1.4 - CA2.1 - CA2.2 - CA2.6 - CA6.1 - CA6.2 |
9 + 17 + 6 | Primeiro trimestre |
| REA 2: "Galegas polo mundo!" | UD3 Os xogos populares UD6 Danzamos e bailamos |
CA4.1 - CA1.2 - CA1.2.1 - CA1.6 – CA2.5 – CA3.3 - CA3.4 - CA3.5 - CA4.2 - CA5.1 - CA6.3 CA1.2 - CA1.2.1 – CA3.1 - CA3.2 - CA3.4 – CA3.5 - CA4.2 - CA4.3 - CA5.1 - CA5.2 |
9 + 10 | Segundo trimestre |
| REA 3: "A gran selección galega" | UD4 Iniciámonos nun deporte individual UD9 Xogamos con palas e raquetas |
CA1.2 - CA1.2.1 -CA1.3 - CA1.6 - CA1.7 - CA2.1 - CA2.3 - CA2.4 - CA3.1 - CA3.2 - CA4.1 CA1.2 - CA1.2.1 – CA1.4 - CA2.1 - CA2.3 - CA2.4 - CA3.2 - CA3.3 - CA4.1 - CA4.2 - CA4.3 |
17 + 11 | Segundo e terceiro trimestres |
| REA 4: "O ADN dos deportes de equipo" |
UD5 Probamos un deporte alternativo UD7 Practicamos un deporte colectivo |
CA1.2 - CA1.2.1 - CA1.4 - CA2.1 - CA2.3 - CA2.4 - CA3.2 - CA3.3 - CA4.1 - CA4.2 - CA4.3 |
14 + 7 | Terceiro trimestre |