Temporalización do REA
Esta situación de aprendizaxe está planificada para un total de 22 sesións. Cómpre lembrar que esta proposta de organización ten como finalidade principal aproveitar ao máximo o tempo de práctica motriz co alumnado. Debido ás características propias da área e ao reducido número de sesións ao longo do ano, resulta fundamental potenciar o compoñente motriz, aínda que tamén se reservarán momentos na aula ordinaria para a exploración de contidos e a realización de actividades interactivas que acompañan o REA.
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
| Fase 1 | Descrición | Presentación | Sesións 1 e 2 |
| Fase 2 | Exploración | Coñecementos previos | Sesións 3, 4, 5 e 6 |
| Fase 3 | Conexión | Primeiros Auxilios | Sesión 7 |
| Fase 3 | Conexión | Forza | Sesións 8, 9 e 10 |
| Fase 3 | Conexión | Postura Corporal | Sesión 11 |
| Fase 3 | Conexión | Resistencia | Sesións 12, 13, 14 e 15 |
| Fase 3 | Conexión | Velocidade | Sesións 16 e 17 |
| Fase 3 | Conexión | Flexibilidade | Sesión 18 |
| Fase 4 | Reto | Desafío Final | Sesións 19, 20 e 21 |
| Fase 5 | Conclusión | Guía de Supervivencia | Sesión 22 |