Saltar navegación

3. Guía de uso

Xogo programado, reto superado

O REA "Xogo programado, reto superado" propón unha situación de aprendizaxe colaborativa na que o alumnado deseñará as probas para novo xogo tipo party game chamado Sensa6. Como parte do reto, as probas compilaranse nunha aplicación para unha placa controladora (Adafruit e/ou micro:bit).

O recurso propón unha situación de aprendizaxe cooperativa, estruturada a través de cinco fases:

  • Fase 1: motivación → Introdución ao reto e contextualización.
  • Fase 2: exploración → Revisión dos coñecementos adquiridos previamente sobre Programación, Robótica e Control: estruturas básicas de programación, diagramas de fluxo, conexión e programación dunha controladora.
  • Fase 3: conexión → Novos conceptos sobre Programación, Robótica e Control: datos simples e estruturados e uso de variables relacionadas cos sensores das controladoras.
  • Fase 4: reto final → Deseño e creación dunha aplicación implementada nunha controladora, formada por 6 subprogramas que usan os seus sensores e actuadores.
  • Fase 5: conclusión → Posta en uso da aplicación mediante un xogo de mesa grupal, auto e heteroavaliación.

Nos seguintes apartados desta guía detállanse as recomendacións de uso e os recursos e propostas de solucións ás actividades do REA.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)