Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación Unidade/s didáctica/s (Proens) % (Orientación de Proens)
CA2.1. Crear, integrar e reelaborar contidos dixitais de forma individual ou colectiva, seleccionando as ferramentas máis apropiadas para xerar novo coñecemento e contidos dixitais de maneira creativa. Crear presentacións dixitais integrando elementos multimedia. TI UD 5 100
CA2.2. Interactuar en plataformas dixitais, compartindo e publicando información e datos, cunha actitude participativa. Compartir contidos na Rede. TI UD 6 100
Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores

NOTA: 

Hai que ter en conta que esta situación de aprendizaxe abarca un total de dúas unidades didácticas, polo que a suma total das porcentaxes dos criterios de avaliación é de 200 %. Cada docente deberá reponderar os criterios de avaliación para que a suma total do peso dos mesmos no REA sexa do 100 %.

Actividades e instrumentos empregados no REA

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios / Seccións do REA Instrumentos empregados

CA2.1. Crear, integrar e reelaborar contidos dixitais de forma individual ou colectiva, seleccionando as ferramentas máis apropiadas para xerar novo coñecemento e contidos dixitais de maneira creativa.

Adestramento 1: Primeiros pasos en Impress / 3.1. Explorando Impress.

Adestramento 2: Manexo de diapositivas / 3.1. Explorando Impress.

Afondamento: Formatos / 3.1. Explorando Impress.

Adestramento 1: Inserir imaxes nunha presentación / 3.2. Inserindo recursos.

Adestramento 2: Inserir táboas nunha presentación / 3.2. Inserindo recursos.

Adestramento 3: Inserir gráficos nunha presentación / 3.2. Inserindo recursos.

Adestramento 4: Inserir sons nunha presentación/ 3.2. Inserindo recursos.

Adestramento 5: Inserir vídeo nunha presentación / 3.2. Inserindo recursos.

Adestramento 1: Animacións / 3.3. Engadindo efectos.

Adestramento 2: Transicións / 3.3. Engadindo efectos.

Afondamento: Máis efectos / 3.3. Engadindo efectos.

Lista de cotexo dos adestramentos.

Rúbrica do reto.

CA2.2. Interactuar en plataformas dixitais, compartindo e publicando información e datos, cunha actitude participativa.

Publica ti! / 3.4. Compartindo na Rede.

Subimos a nosa presentación a un foro / 4.2. Publicando e interactuando.

Publicamos a presentación na Rede / 4.2. Publicando e interactuando.

Visualizamos e comentamos as presentacións dos outros grupos / 4.2. Publicando e interactuando.

Rúbrica do reto.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)