Saltar navegación

1. Descrición xeral

IMPRESSións do pasado

Este é un Recurso Educativo Aberto (REA) deseñado co fin de achegarlle ao alumnado de 3º de Ensino Secundario Obrigatorio a creación e publicación de contidos dixitais mediante o uso de LibreOffice Impress e Moodle Board/Taboleiro de EVA E-Dixgal.

O REA articúlase arredor dunha Situación de Aprendizaxe (SA), na que o alumnado deberá crear e publicar unha presentación dixital que permita ao espectador viaxar 50 anos atrás no tempo. Para isto, os alumnos e as alumnas traballarán en pequeno grupo, recollendo información sobre un eido da vida (comunicación, educación, transporte, tecnoloxía...), elaborando unha presentación coa ferramenta LibreOffice Impress e publicándoa en Moodle Board ou no Taboleiro do EVA E-Dixgal.

As metas de aprendizaxe son: 

  1. Analizar cambios na vida e na sociedade ao longo do tempo.
  2. Reelaborar información procedente de distintas fontes para incluíla nunha presentación propia.
  3. Escoller imaxes, vídeos, audios ou outros recursos que axuden a explicar mellor o que queres contar.
  4. Crear unha presentación dixital combinando texto, imaxe, audio e vídeo de maneira ordenada e con sentido.
  5. Empregar correctamente elementos de deseño básico (estrutura, tipografía, cor, equilibrio visual) para mellorar a claridade da presentación.
  6. Gardar e compartir unha presentación dixital no formato adecuado segundo para que as vaias usar (expoñela en clase, enviala por Internet ou subila a unha plataforma).
  7. Participar na publicación e difusión colaborativa dunha presentación dixital respectando roles, acordos e normas de convivencia dixital.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)