Orientacións e recomendacións de uso
Recursos materiais necesarios
- Para empregar este REA será necesario contar con un ordenador con conexión a Internet para cada estudante, tanto para o traballo individual como grupal.
- O software demandado é de carácter libre e é de acceso vía online ou está instalado nos equipos Abalar da Consellería.
Proposta de agrupamentos para actividades grupais
Recoméndase a creación de grupos de 3 alumnos/as, asignados polo profesorado.
Para o anterior, a hora de poñer en práctica o REA na aula, recoméndase ao profesorado que teña en conta as seguintes pautas:
- Organizar ao alumnado en función das súas diferentes capacidades para crear equipos nos que cada integrante faga as súas achegas, tendo en conta que hai unha importante parte individual.
- Crear un clima de traballo positivo e participativo, poñendo en valor os progresos e aconsellando nas dificultades.
Produto final
O produto do reto é un libro de Calc con catro follas nas que se amosen os seguintes informes:
- Individual: cada integrante do equipo debe facer un informe, nunha folla de Calc, sobre a categoría que elixiu. En total 3 informes individuais.
- Grupal: debe elaborarse un informe, nunha folla de Calc, con resultados conxuntos da proba elixida por cada grupo.
Enfoque multinivel do reto
O reto está previsto cun enfoque multinivel que parte duns mínimos comúns para todo o alumnado:
- Informe individual: tres novas columnas a partir da aplicación de distintas funcións (a escoller polo alumnado), dúas gráficas de distintas categorías e elementos básicos de formato.
- Informe grupal: unha función, unha gráfica e elementos básicos de formato.
A partir destes mínimos, cada grupo pode afondar segundo o seu nivel, incorporando máis funcións, gráficas adicionais ou formatos avanzados. Esta estratexia permite adaptar a complexidade, avaliar o progreso individual e fomentar a participación de todo o alumnado.
Base de datos
As categorías Júnior, Cadete e Infantil establecéronse tomando como referencia o ano 2025.
Se o REA se emprega noutro ano, será necesario actualizar as datas de nacemento para manter a coherencia entre idade e categoría.