Contextualización do REA na programación de materia
Este REA (Recurso Educativo Aberto) forma parte dun conxunto de seis REA, que constitúen unha proposta global para a materia de Educación Dixital dentro do proxecto cREAgal. Esta proposta desenvolve as oito Unidades didácticas (UD) recollidas na programación modelo de Proens (versión 1 do 14/05/2025) da devandita materia.
Nalgúns dos REA agrúpanse varias UD, o que afecta unicamente á súa temporalización, sen que haxa modificación nos elementos curriculares establecidos na programación modelo Proens vixente. Deste xeito:
- A UD 8 "Ética e seguridade dixital" trasládase do terceiro ao primeiro trimestre, incluíndose no REA 1 xunto coa UD 1 "Dispositivos dixitais e sistemas operativos". Esta modificación atende á necesidade de traballar contidos de ética e seguridade dixital a principios de curso (e non agardar á derradeira UD da materia) para sentar unha base sólida acerca das condutas esperadas por parte do alumnado no que atinxe ao uso de dispositivos e contornas dixitais.
- En consecuencia, a UD 6 "Creación e publicación de contidos na rede" pasa do segundo ao terceiro trimestre. Esta UD 6 forma parte do REA 5, xunto coa UD 5 "Creación e edición de presentacións dixitais" (pertencente ao segundo trimestre). O REA 5 queda así temporalizado entre dous trimestres: o segundo e o terceiro. Por isto, está prevista a súa avaliación parcial con instrumentos ben diferenciados en distintos momentos do REA.
No botón inferior pódese consultar a proposta global.
Relación dos REA coa programación modelo de Proens
| Número de REA e título | Unidade/s didáctica/s (Proens) | Criterios de avaliación traballados | % (Orientación de Proens) | Temporalización |
|---|---|---|---|---|
| REA 1: "EducACCIÓN dixital" |
1. Dispositivos dixitais e sistemas operativos. 8. Ética e seguridade dixital. |
CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 CA4.1 - CA4.2 - CA4.3 - CA4.4 |
10 (5 +5) |
1º Trimestre |
| REA 2: "Comer polos ollos" | 2. Creación e edición de imaxe dixital. | CA2.1 | 15 | 1º Trimestre |
| REA 3: "Club a golpe de tecla" | 3. Creación e edición de documentos de texto. |
CA2.1 | 15 | 1º Trimestre |
| REA 4: "CÁLCulo olímpico" | 4. Creación e edición de follas de cálculo. | CA2.1 | 15 | 2º Trimestre |
| REA 5: "IMPRESSións do pasado" |
5. Creación e edición de presentacións dixitais. 6. Creación e publicación de contidos na rede. |
CA2.1 CA2.2 |
20 (15 + 5) |
2º-3º Trimestre |
| REA 6: "Xogo programado, reto superado" | 7. Pensamento computacional: programación. | CA3.1 - CA3.2 | 25 | 3º Trimestre |