Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Este recurso está pensado para desenvolverse ao longo de 15 sesións e, segundo a proposta cREAgal para a materia de "Educación Dixital" de 3º de ESO, englóbase no segundo trimestre.

A continuación, inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización
1. Motivación 1.1. A polo reto! Sesión de motivación e presentación do reto que se vai desenvolver, onde se incide na diferenza entre os datos e a información. 1 sesión
2. Quecemento

2.1. ReCALCulando

2.2. Comeza a organizar

Sesións de revisión e activación de coñecementos previos en relación coa folla de cálculo. Actívanse os coñecementos existentes sobre tipos de follas de cálculo, manexo básico da folla de LibreOffice Calc, os formatos de arquivos e a xestión dos mesmos (cartafoles, copias de seguridade, etc.). A revisión compleméntase con actividades de consolidación individuais e grupais. 2 sesións
3. Adestramento

3.1. Manexo básico

3.2. Funcións

3.3. Gráficas

3.4. Preparación do terreo

3.5. Fase de recuperación

Sesións con actividades individuais de adestramento sobre as diferentes funcionalidades da folla de cálculo, desde o manexo básico ás funcións e gráficas. Os adestramentos compleméntanse con actividades de consolidación individuais e grupais. 6 sesións
4. Campionato

4.1. Un para o equipo!

4.2. O equipo para un!

4.3. A liña de meta

Sesións dirixidas ao desenvolvemento e execución do reto proposto:  xeración de informes individuais e grupais nos que se recolla información relevante a partir de rexistros contidos nunha base de datos de probas deportivas. 5 sesións
5. Podio 5. Podio Sesión vinculada á síntese dos contidos traballados ao longo da situación de aprendizaxe; á posta en común dos resultados obtidos tras a consecución do o reto e á reflexión, individual e en grupo, sobre a utilidade das aprendizaxes adquiridas e a súa transferencia á vida real.  1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)