Saltar navegación

1. Descrición xeral

Club a golpe de tecla

Este é un Recurso Educativo Aberto (REA) deseñado co fin de achegar o alumnado de 3º de Ensino Secundario Obrigatorio á elaboración, maquetaxe e xestión de documentos de texto mediante o uso do procesador de textos LibreOffice Writer.

O REA articúlase arredor dunha Situación de Aprendizaxe (SA) na que o alumnado deberá constituír un club de actividades para o tempo de lecer mediante a creación da súa documentación. Para isto, os estudantes traballarán en pequeno grupo e facendo uso do procesador de textos LibreOffice Writer, en particular, aplicando formato de texto, parágrafo e estilos; inserindo táboas, imaxes, formas e elementos multimedia; engadindo números de páxina e cabeceiras e incorporando índices automáticos. 

As metas de aprendizaxe son: 

  1. Configurar páxinas e estruturar a documentación coa que dar a coñecer a iniciativa do teu club.
  2. Inserir as quebras de páxina e sección entre as diferentes partes da documentación, organizando correctamente o documento.
  3. Aplicar estilos, cun formato específico, tanto para os títulos e subtítulos como para o texto das diferentes seccións da documentación, que lle otorgue claridade e profesionalidade á documentación do teu club.
  4. Inserir diferentes elementos que faciliten a organización da vosa documentación como táboas, formas, gráficos ou cadros de texto.
  5. Importar as imaxes necesarias para ilustrar a documentación do voso club.
  6. Xerar un índice interactivo para a documentación do voso club.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)