Saltar navegación

2.3. Metodoloxía

Metodoloxía

Banner proxecto cREAgal

Este REA enmárcase dentro do proxecto cREAgal, cuxos principios pedagóxicos inciden no uso de metodoloxías activas na aula, orientadas a que o alumnado desenvolva as competencias clave; na aplicación dun enfoque inclusivo para os recursos empregados, baseados no deseño universal para a aprendizaxe (DUA); na potenciación tanto da autonomía persoal como da aprendizaxe colaborativa, ao combinar actividades individuais e grupais; e na reflexión e a avaliación das aprendizaxes adquiridas.

Así mesmo, este REA é coherente coa proposta metodolóxica que se recolle en Proens para a materia de "Educación Dixital" de 3º ESO. En concreto, susténtase nos seguintes piares:

  • Aprendizaxe significativa: o alumnado ten a oportunidade de relacionar os novos coñecementos cos que xa posúe, dándolles sentido para poder aplicalos nos contextos reais propostos pola situación de aprendizaxe.
  • Aprendizaxe baseada en proxectos dixitais: os estudantes realizan traballos prácticos, para coñeceren e configuraren ferramentas dixitais de uso cotián, que lles permiten afrontar os proxectos cun enfoque competencial e aprender de xeito activo. 
  • Aprendizaxe colaborativa: a resolución do reto e dos problemas que se propoñen no REA realízase en pequeno grupo, promovendo a participación de todos os integrantes e apelando á responsabilidade individual e colectiva.
  • Aprendizaxe autorregulada: a longo de toda a situación de aprendizaxe, o alumnado reflexiona sobre o que fai e aplica técnicas de auto e coavaliación.
  • Aprendizaxe ética: ao longo de todo o recurso, utilízanse extratexias que promoven un uso eficiente, seguro e ético das aplicacións dixitais empregadas polo alumnado.
  • Aprendizaxe accesible: no REA, a información preséntase en múltiples formatos, promóvese a capacidade de elección do alumnado e respéctanse os diferentes ritmos de aprendizaxe, favorecendo a inclusión de todo o grupo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)