Temporalización do REA
Este recurso está pensado para desenvolverse ao longo de 15 sesións e, segundo a proposta cREAgal para a materia de "Educación Dixital" de 3º de ESO, englóbase no primeiro trimestre.
A continuación, inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
| 1. Abrir o apetito |
1.1. Lendo a publicidade 1.2. Deseñando un anuncio |
Sesión de motivación e presentación do reto que se vai desenvolver, onde se destaca a importancia da publicidade visual na promoción de produtos. O alumnado terá que escoller un alimento para promocionar mediante un cartel dixital animado. | 1 sesión |
| 2. Preparar a mesa |
2.1. Poñendo orde 2.2. Decidindo o formato 2.3. Buscando imaxes 2.4. Recompilando |
Sesións de revisión e activación de coñecementos previos en relación coa edición de imaxes. Repásase a estrutura básica de cartafoles dun sistema operativo, os formatos de ficheiro de imaxe, o concepto de resolución e os tipos de licenzas de imaxes. | 2 sesións |
| 3. Cultivar os ingredientes |
3.1. Pensando na cor 3.2. Editando con GIMP 3.3. Editando con Inkscape |
Sesións con actividades individuais de adestramento sobre as diferentes funcionalidades de GIMP e Inkscape, programas de edición de imaxe en mapa de bits e vectorial, respectivamente. Os adestramentos se compleméntanse con actividades de consolidación individuais e grupais. | 6 sesións |
| 4. Poñer as mans á masa |
4.1. Pensando que comer 4.2. Preparando o menú 4.3. Cociñando por partes 4.4. Presentando o prato |
Sesións dirixidas ao desenvolvemento e execución do reto proposto. O alumnado terá que deseñar o cartel, escoller cores, letras, imaxes descargadas e crear os fotogramas e capas que darán lugar ao anuncio animado solicitado. Ao finalizar, o alumnado expón o traballo á persoa docente, que o avaliará coa rúbrica previamente amosada en clase. | 5 sesións |
| 5. A sobremesa | 5. A sobremesa | Sesión vinculada á síntese dos contidos traballados ao longo da situación de aprendizaxe; á posta en común dos resultados obtidos tras a consecución do reto e á reflexión, individual e en grupo, sobre a utilidade das aprendizaxes adquiridas e a súa transferencia á vida real. | 1 sesión |