Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA (Recurso Educativo Aberto) forma parte dun conxunto de seis REA, que constitúen unha proposta global para a materia de Educación Dixital dentro do proxecto cREAgal. Esta proposta desenvolve as oito unidades didácticas (UD) recollidas na programación modelo de Proens (versión 1 do 14/05/2025) da devandita materia.

Nalgúns dos REA agrúpanse varias UD, o que afecta unicamente a súa temporalización, sen que haxa modificación nos elementos curriculares establecidos na programación modelo Proens vixente. Deste xeito:

  • A UD 8 "Ética e seguridade dixital" trasládase do terceiro ao primeiro trimestre, incluíndose no REA 1 xunto coa UD 1 "Dispositivos dixitais e sistemas operativos". Esta modificación atende á necesidade de traballar contidos de ética e seguridade dixital a principios de curso (e non agardar á derradeira UD da materia) para sentar unha base sólida arredor das condutas esperadas por parte do alumnado no que atinxe ao uso de dispositivos e contornas dixitais.
  • En consecuencia, a UD 6 "Creación e publicación de contidos na rede" pasa do segundo ao terceiro trimestre. Esta UD 6 forma parte do REA 5, xunto coa UD 5 "Creación e edición de presentacións dixitais" (pertencente ao segundo trimestre). O REA 5 queda así temporalizado entre dous trimestres: o segundo e o terceiro. Por isto, está prevista a súa avaliación parcial con instrumentos ben diferenciados en distintos momentos do REA.

No botón inferior pódese consultar a proposta global. 

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "EducACCIÓN dixital"

1. Dispositivos dixitais e sistemas operativos.

8. Ética e seguridade dixital.

CA1.1 - CA1.2 - CA1.3

CA4.1 - CA4.2 - CA4.3 - CA4.4

10 

(5 +5)

1º Trimestre
REA 2: "Comer polos ollos" 2. Creación e edición de imaxe dixital. CA2.1  15 1º Trimestre
REA 3: "Club a golpe de tecla" 3. Creación e edición de
documentos de texto.
CA2.1 15 1º Trimestre
REA 4: "CÁLCulo olímpico" 4. Creación e edición de follas de cálculo. CA2.1 15 2º Trimestre
REA 5: "IMPRESSións do pasado"

5. Creación e edición de presentacións dixitais.

6. Creación e publicación de contidos na rede.

CA2.1

CA2.2

20

(15 + 5)

2º-3º Trimestre
REA 6: "Xogo programado, reto superado" 7. Pensamento computacional: programación. CA3.1 - CA3.2 25 3º Trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada nos eixos da materia "Educación Dixital" de 3º de ESO:

  • Aplicación da resolución de problemas mediante unha aprendizaxe baseada no desenvolvemento de proxectos (ABP).
  • Incorporación das tecnoloxías dixitais nos procesos de aprendizaxe e na natureza interdisciplinaria propia da tecnoloxía.
  • Colaboración na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) e á súa conexión co mundo real. 
    • ODS 9: Industria innovación e infraestrutura - Desenvolvendo a capacidade de analizar e resolver problemas técnicos fomentando a innovación e o pensamento propio da enxeñería.
    • ODS 12: Produción e consumo responsables - promovendo un consumo máis responsable ao priorizar a reparación e o diagnóstico de erros e uso seguro dos dispositivos dixitais.
    • ODS 13: Acción polo clima -  Axudando a usar mellor a tecnoloxía, reducindo o seu uso innecesario e o impacto ambiental asociado.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de "Educación Dixital" de 3º de ESO, contextualízase nas unidades didácticas 1 " Dispositivos dixitais e sistemas operativos." e 8 "Ética e seguridade dixital".

Vincúlase cos seguintes contidos dos bloques 1 "Dispositivos dixitais e sistemas operativos" e 4 "Ética e seguridade dixital":

Contidos Bloque da materia
  • C1.1 - Arquitectura de computadores: elementos, montaxe e configuración.
  • C1.2 - Sistemas operativos: configuración de usuario e operacións básicas de organización.
  • C1.3 - Almacenamento da información: operacións básicas de organización e copias de seguridade.

Bloque 1. Dispositivos dixitais e sistemas operativos 

  • C4.1 - Seguridade de dispositivos. Xestión de contrasinais.
  • C4.2 - Recursos para a protección da información e datos persoais, da identidade e dos contidos dixitais. Configuración en espazos virtuais de traballo.
  • C4.3 - Seguridade na saúde física e mental: aplicacións ou medidas que deben adoptarse fronte aos riscos e ameazas ao benestar persoal. Opcións de resposta. Situacións de violencia e de risco na Rede.
  • C4.4 - Uso de recursos e contidos de dominio público ou con licenzas que permitan o seu uso.

Bloque 4. Ética e seguridade dixital 

Céntrase nos seguintes obxectivos da materia:

Obxectivos Descrición
OBX1 Utilizar dispositivos dixitais, identificando os elementos que os compoñen e a súa función no conxunto, configurando as súas características en función das necesidades persoais e mediante diferentes medios dixitais para poder organizar a información dun xeito eficaz.
OBX4 Xestionar e protexer a pegada dixital aplicando medidas preventivas para identificar e reaccionar ante riscos e ameazas ao benestar persoal, facendo un uso responsable e ético da información e da comunicación dixital.

Contribúe ao desenvolvemento das competencias clave do alumnado a través dos seguintes descriptores operativos:

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL2
Competencia plurilingüe (CP) CP3
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) STEM5
Competencia dixital (CD) CD3, CD4
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA1, CPSAA2, CPSAA5
Competencia cidadá (CC) CC2, CC3
Competencia emprendedora (CE) CE1

Feito con eXeLearning (Nova xanela)