Temporalización do REA
Este recurso está pensado para desenvolverse ao longo de 13 sesións e, segundo a proposta cREAgal para a materia de "Educación Dixital" de 3º de ESO, englóbase no primeiro trimestre.
A continuación, inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
1. Inicializando sistema |
1.1. Modelado do problema. 1.2. Especificacións. |
Sesión de motivación e presentación do reto que se desenvolverá, onde se lle propón ao alumnado que resolva un caso de ciberseguridade acontecido no seu centro educativo. |
1 e 1/2 sesión |
|
2. Activando o instinto dixital |
2.1. Recoñecendo os equipos. 2.2. Enlazando problemas con solucións. 2.3. Diagnose do instinto dixital. |
Sesións de revisión e activación de coñecementos previos en relación co hardware, o software e a ciberseguridade. Actívanse os coñecementos existentes sobre os compoñentes dos equipos informáticos e os seus problemas asociados, entre outros, os riscos e ameazas dixitais. A revisión compleméntase con actividades de consolidación individuais e grupais. |
2 sesións |
|
3. Centro de adestramento dixital |
3.1. Análise de dispositivos. Hardware. 3.2. Análise de sistemas. Software. 3.3. Poñendo as barreiras. Ciberseguridade. 3.4. Misión: dominio dixital. |
Sesións con actividades individuais e grupais de adestramento sobre o hardware (compoñentes e funcionamento), o software (tipos e funcionalidades) e a ciberseguridade (detección de ameazas). Os adestramentos compleméntanse con actividades de consolidación individuais multinivel. |
5 sesións |
|
4. Activando protocolo |
4.1. Situación crítica. 4.2. Dando forma ás probas. |
Sesións dirixidas ao desenvolvemento e execución do reto proposto: resolver un caso de ciberseguridade no centro educativo. A resolución do caso proposto leva asociada a elaboración dun informe e un resumo visual do procedemento de diagnose aplicado. |
3 sesións |
|
5. As probas saen á luz |
5. As probas saen á luz. |
Sesión vinculada á síntese dos contidos traballados ao longo da situación de aprendizaxe; á posta en común dos resultados obtidos tras a consecución do o reto e á reflexión, individual e en grupo, sobre a utilidade das aprendizaxes adquiridas e a súa transferencia á vida real. |
1 e 1/2 sesión |