Un modelo de consumo destrutor da biodiversidade?

 

Glosario

Consumo responsable

Pictograma que representa a unha persoa pensando antes de elixir

Definición:

Forma de consumir na que se pensa antes de comprar e na que se escollen produtos sostibles.

Exemplo:

Comprar só a roupa necesaria e evitar produtos de usar e tirar é consumo responsable.

Cultura do consumo

Pictograma de persoa comprando

Definición:

Forma de vida baseada en comprar produtos de maneira habitual, ás veces sen necesidade real.

Exemplo:

O Black Friday é un exemplo claro da cultura do consumo.

Estepa

Fotografía dunha persoa a cabalo na estepa de Mongolia

Definición:

Paisaxe ampla e case chá, con poucas árbores, herbas baixas e clima seco.

Exemplo:

A estepa siberiana destaca polas súas grandes extensións de herbas baixas.

Sabana

Pictograma que representa a sabana africana

Definición:

Paisaxe cálida con grandes extensións de herba e árbores moi espalladas, propia de zonas tropicais.

Exemplo:

A sabana africana é o hábitat de leóns, cebras e xirafas.

Taiga

Fotografía dun bosque de taiga en Rusia

Definición:

Gran bosque de coníferas situado en zonas moi frías do hemisferio norte.

Exemplo:

A taiga rusa ocupa milleiros de quilómetros de piñeiros e abetos.

Tundra

Fotografía dunha paisaxe de tundra en Alasca

Definición:

Paisaxe moi fría próxima aos polos, onde case non medran árbores.

Exemplo:

Na tundra de Alasca só crecen musgos, liques e herbas baixas.

Sabías que...

Os medios de comunicación convócannos, cada outono, ao Black Friday. No mundo urbano do primeiro mundo aproveitamos para “ir de compras” como forma de socialización e de encontro coas nosas amigas e amigos. É a cultura do consumo de “usar e tirar”, do consumismo. Nestas situacións, ao comprar roupa ou calzado non nos preguntamos: Necesítoo? É preciso ter tantos pantalóns ou camisetas no noso armario? Os materiais son de calidade? Por que se estraga tan pronto o xersei que nos compramos? Onde se fabricaron estes tenis? Onde e quen o fabricou ? É necesario ter de todo e xa?

Os recursos do mundo son limitados, pero os comportamentos dos habitantes de países do primeiro mundo parecen dicir o contrario. A natureza leva millóns de anos reutilizando os seus propios recursos de forma sostible, pero a acción do ser humano está a reverter este modelo natural, abandonando ou destruíndo o medio natural ou biosfera.

Mapa de distribución da vexetación nos biomas terrestres
Mapa da distribución das paisaxes na terra

O noso planeta está formado por numerosos ecosistemas, terrestres ou acuáticos, caracterizados por distintas paisaxes: bosques, desertos, estepas, praderías, sabana, selva, taiga, tundra ou vales fluviais. Estes ecosistemas son posibles grazas á enerxía solar, o ciclo da auga e os climas, nun equilibrio que permite o desenvolvemento da flora e a fauna. Cando se rompe ese equilibrio os medios naturais degrádanse ou destrúense.

O consumo masivo leva á sobreexplotación de bens naturais e pon en risco o medio ambiente e a saúde dos seus habitantes. Por iso é tan importante un consumo responsable dos recursos da terra, é dicir, un consumo crítico e prudente, tanto para contratar un servizo, o uso eficiente dos recursos no fogar ou comprar un produto.

Non esquezades ter sempre presentes a regra dos 5R (aínda que tradicionalmente falábase de 3): Reciclar, Reducir, Reutilizar, Recuperar e Reparar. Na actualidade xa se fala dos 7R, engadindo Redeseñar e Renovar. O importante non é o número de R, senón as nosas prácticas sostibles para un consumo máis consciente e responsable, na procura dun futuro máis ecolóxico.

Lectura facilitada

O consumismo é a cultura do consumo de “usar e tirar”

Cando compramos non nos preguntamos:
Necesítoo?
É preciso ter tantos pantalóns ou camisetas no noso armario?
Os materiais son de calidade?
Por que se estraga tan pronto o xersei que nos compramos?
Onde se fabricaron estes tenis?
Onde e quen o fabricou ?
É necesario ter de todo e xa?

Os recursos do mundo son limitados.

Os comportamentos dos homes están a destruír o medio natural ou biosfera.

Os ecosistemas da biosfera caracterízanse por distintas paisaxes:
bosques, desertos, estepas, praderías, sabana, selva, taiga, tundra ou vales fluviais.

Estes ecosistemas son posibles grazas á enerxía solar, ao ciclo da auga e aos climas.
Neles desenvólvese a flora e a fauna.

O consumo masivo leva á sobreexplotación de bens naturais
e pon en risco o medio ambiente e aos seus habitantes. 

Debemos consumir responsablemente os recursos da terra.

O consumo responsable debe cumprir a regra dos 7R:
Reciclar, Reducir, Reutilizar, Recuperar, Reparar, Redeseñar e Renovar.

Opción A: Podes salvar o planeta?

Xa sabemos que o noso comportamento, no noso día a día, pode axudar a salvar o planeta. Revisade se estas afirmacións reflicten bos comportamentos coa terra. 

Pregunta 1

Debemos trasladarnos en bicicletas ou andando. Contaminaremos menos. De non poder chegar así ao noso destino, debemos empregar transporte público.

Pregunta 2

É mellor que compremos en grandes superficies comerciais, pois evitamos os traslados, aforramos cartos (pois os produtos son máis baratos) e favorecemos a economía nacional.

Pregunta 3

Na casa debemos ter contedores para separar o lixo: 
verde (para vidro), amarelo (papel e cartón), marrón (envases de plástico, latas e cartóns), azul (refugallos orgánicos)

Opción B: Vós podedes comezar o cambio!

Relaciona cada tarxeta coa súa parella.

{"typeGame":"Relaciona","author":"","randomCards":true,"instructions":"

Relaciona cada tarxeta coa súa parella.

","showMinimize":false,"itinerary":{"showClue":false,"clueGame":"","percentageClue":40,"showCodeAccess":false,"codeAccess":"","messageCodeAccess":""},"cardsGame":[{"url":"resources/960px-ContenedoresAlpedrete.jpg","x":0.8256464991076239,"y":0.6861351933972589,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"RECICLAR%3A%20recollida%20de%20materiais%20non%20%C3%BAtiles%20para%20convertelos%20en%20novos%20produtos."},{"url":"resources/dscf1915.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"REDUCIR%2C%20por%20exemplo%2C%20o%20noso%20consumo%20enerx%C3%A9tico."},{"url":"resources/Reutilizar_Montse_peq.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"REUTILIZAR%20materiais%20de%20refugallo%20para%20un%20produto.%20Exemplo%3A%20fornos%20solares%20con%20cart%C3%B3n%2C%20xornais%20e%20pl%C3%A1sticos."},{"url":"resources/500px-Repair_Cafe_by_Ilvy_Njiokiktjien.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"REPARAR%20os%20aparellos%20danados%20para%20manter%20a%20s%C3%BAa%20vida%20%C3%BAtil%20e%20reducir%20o%20consumo."},{"url":"resources/960px-SoSieSoSchiff_Ansicht.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"REDESE%C3%91AR%20as%20cidades%20para%20que%20sexan%20m%C3%A1is%20sostibles%20e%20ecol%C3%B3xicas."},{"url":"resources/960px-BEA_Beyond_Environmental_Arts_Festival,_Hong_Kong_Youth_Arts_Foundation_(2022).jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"RECUPERAR%2C%20por%20exemplo%20o%20pl%C3%A1stico%20reciclado%20por%20procesos%20qu%C3%ADmicos%2C%20creando%20novos%20obxectos."},{"url":"resources/Obxectos_antigos_pequeno.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"RENOVAR.%20Recupera%20o%20que%20tes%20esquecido%20no%20faiado%20e%20dalle%20unha%20nova%20vida."}],"isScorm":1,"textButtonScorm":"Gardar a puntuación","repeatActivity":true,"textAfter":"","version":1.3,"percentajeCards":100,"type":0,"showSolution":true,"timeShowSolution":3,"time":3,"evaluation":false,"evaluationID":"","id":"2025121203330-60","msgs":{"msgSubmit":"Enviar","msgClue":"Xenial! A pista é:","msgCodeAccess":"Código de acceso","msgPlayStart":"Preme aquí para xogar","msgScore":"Puntuación","msgErrors":"Erros","msgHits":"Acertos","msgMinimize":"Minimizar","msgMaximize":"Maximizar","msgFullScreen":"Pantalla Completa","msgExitFullScreen":"Saír de pantalla completa","msgNoImage":"Pregunta sen imaxes","msgEndGameScore":"Antes de gardar a puntuación comece a partida.","msgScoreScorm":"A puntuación non se pode gardar porque esta páxina non forma parte dun paquete SCORM.","msgOnlySaveScore":"Só se pode gardar a puntuación unha vez!","msgOnlySave":"Só se pode gardar unha vez","msgInformation":"Información","msgYouScore":"A puntuación","msgAuthor":"Autoría","msgOnlySaveAuto":"A puntuación gardarase despois de cada pregunta. Só se pode xogar unha vez.","msgSaveAuto":"A puntuación gardarase automaticamente despois de cada pregunta.","msgSeveralScore":"Pódese gardar a puntuación tantas veces como se queira","msgYouLastScore":"A última puntuación gardada é","msgActityComply":"Xa realizaches esta actividade.","msgPlaySeveralTimes":"Pódese realizar esta actividade tantas veces como se queira","msgClose":"Pechar","msgAudio":"Audio","msgNumQuestions":"Número de cartas","msgTryAgain":"Necesitas polo menos un %s% de respostas correctas para conseguir a información. Volve tentalo.","msgEndGameM":"Remataches o xogo. A túa puntuación é %s.","msgUncompletedActivity":"Actividade non completada","msgSuccessfulActivity":"Actividade superada. Puntuación: %s","msgUnsuccessfulActivity":"Actividade non superada. Puntuación: %s","msgTypeGame":"Relaciona","msgCheck":"Comprobar","msgRestart":"Reiniciar"}}
0123456
O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Afondando en equipo nas desigualdades do consumismo

Como afecta o consumismo ao medio ambiente?

"Mira ao redor da túa casa. Abre calquera lugar no que gardes cousas. Elixe calquera produto. Observa as súas características e pregúntate de que está feito, se ten máis empaquetados dos que necesita, onde o adquiriches e onde foi elaborado. Cantos recursos e de que tipo se requiriron para producilo, transportalo e vendelo? Quen o fabricou? Onde?

(...)

Cando coñecemos as formas de produción, o tempo de vida e o destino final das cousas que adquirimos conseguimos entender mellor por que e como os nosos hábitos de consumo danan o planeta.

(...)

O sistema económico que impera no mundo depende do consumismo. As corporacións necesitan máis consumidores para ampliar a súa riqueza. Isto, dinnos, xera empregos e oportunidades de desenvolvemento para os países.

Con todo, ese sistema é inxusto porque para producir máis, devasta e explota os bens e recursos naturais das comunidades que os protexen. Dana ecosistemas completos e empobrece as persoas que empregan na súa cadea de produción: persoas obreiras, xornaleiras, campesiñas e pequenos produtores. (...)"

Jocelyn Soto, 13 de xullo de 2020: Greenpeace

Reflexionade sobre o lido e escoitado:

1.- Elaborade unha lista dos países de orixe da roupa que levades hoxe vestida. Cantas pezas foron fabricadas na Península Ibérica? Cantas fóra de Europa? Cales son os países cunha maior prevalencia nas etiquetas? Sumade todos os resultados do grupo de clase e calculade a porcentaxe de roupa e calzado fabricado fóra de Europa.

2.- Cales son os argumentos das grandes corporacións para potenciar o consumismo? Estades dacordo con esta proposta?

3.- Que é a "roupa solidaria"?

4.- En Bangladés prodúcense moitas das pezas de roupa que se venden nas tendas da nosa contorna? Que aconteceu na fábrica do Rana Plaza? Buscade información en pequenos grupos e debater na clase, en gran grupo, que aconteceu nese edificio de Bangladés? Cales puideron ser as causas? Cales foron as consecuencias? Melloran as condicións das traballadoras logo desta catástrofe? Temos algunha responsabilidade en situacións así?

Consello

Lembrade: Non hai unha única resposta correcta. O importante é argumentar, reflexionar e relacionar o contido co consumo cotián, demostrando o voso sentido crítico e de comprensión do tema.

Páxina 6 de 26

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)