Por que tanta alarma!
O clima variou ao longo da historia da terra. Entón, por que tanta alarma sobre o cambio climático nestes últimos anos? A razón está en que os cambios, no último século, aceleráronse de tal maneira que afecta á vida no noso planeta e pon en perigo o seu futuro.
Os estudos científicos demostraron que hai unha relación directa entre o quecemento global ou cambio climático e o constante aumento das emisións de gases de efecto invernadoiro.
O cambio climático é a variación do clima motivada por fenómenos naturais (erupcións volcánicas ou actividade solar) ou pola acción do ser humano, especialmente polo uso de combustibles fósiles (carbón, petróleo ou gas) que xeran emisións de gases de efecto invernadoiro (carbono e metano), que funcionan como unha manta envolvendo á terra.

Esta atrapa a calor do sol, provocando que se eleven as temperaturas.
A liberación de dióxido de carbono procede de moitas actividades humanas: a condución de automóbiles, as fontes de enerxía que quentan os nosos fogares, a agricultura, os labores forestais, a industria, o transporte... O excesivo mal uso destas fontes de enerxía, non renovables, provoca fenómenos como as ondas de calor, inundacións, secas, desertización da Terra, contaminación da auga, aire e chan, fenómenos meteorolóxicos extremos, aumento do nivel do mar (polo desxeo), tormentas máis potentes, afectando á saúde, á vida e á biodiversidade.
Lectura facilitada
O clima variou ao longo da historia da terra.
O cambio climático acelerouse no último século.
Hai unha relación directa entre o cambio climático e
o constante aumento das emisións de gases de efecto invernadoiro.
As actividades humanas liberan dióxido de carbono.
O uso excesivo de fontes de enerxía non renovables provoca ondas de calor, inundacións, secas,
desertización da Terra, contaminación da auga, aire e chan,
fenómenos meteorolóxicos extremos, aumento do nivel do mar e tormentas máis potentes.
Todos estes fenómenos afectan á saúde, á vida e á biodiversidade.