5. De Aldea Vella ao mundo
Revisa o aprendido
Para ir máis alá: Un poboamento que crea identidade
A evolución das cidades, que crean identidade, é unha viaxe pola historia e polo tempo, a través das súas rúas, dos seus monumentos, conectando as civilizacións pasadas co noso presente. No caso galego trátase dunha viaxe dende os asentamentos castrexos, pasando polas planificadas cidades romanas, os labirínticos burgos medievais, a planificación moderna e a tendencia actual á homoxeneización.
Aquí tedes un interesante paseo pola "Identidade Territorial" de Galicia. Unha viaxe-resumo por un pasado moi presente.
Lectura facilitada
A historia das cidades tamén é a historia das persoas que viviron nelas.
Ao longo do tempo, as cidades foron cambiando.
As súas rúas e os seus monumentos axúdannos a coñecer o pasado.
En Galicia podemos facer unha viaxe pola historia:
- os castros
- as cidades romanas
- os burgos medievais
- as cidades da Idade Moderna
- as cidades actuais
A continuación farás un percorrido pola evolución das cidades galegas
e pola súa identidade territorial.
É unha viaxe polo pasado que aínda podemos ver no presente.
Audio
Aprendizaxe compartida
Chega o momento da posta en común do traballo desenvolvido, para o cal cada un dos equipos debedes facer unha exposición das conclusións desta unidade e dar a coñecer a vosa investigación ao resto de membros da clase. Para isto, podedes empregar diferentes formatos, segundo as indicacións da túa profesora ou profesor:
- Presentación do cartel ou traballo realizado por cada grupo.
- Lectura declamada dos bandos redactados. Animádevos a vestirvos axeitadamente para a súa lectura?
- Posta en común das dificultades para presentar o voso traballo por rexistro no concello. Proceso seguido por cada grupo para a súa presentación.
Lectura facilitada
Chegou o momento de compartir o traballo realizado.
Cada grupo deberá presentar ao resto da clase as conclusións da unidade
e explicar a súa investigación.
Podedes empregar distintos formatos,
segundo as indicacións da profesora ou do profesor:
- presentar o cartel ou o traballo realizado
- ler os bandos redactados
- explicar as dificultades que atopastes para presentar o traballo no concello
e o proceso seguido por cada grupo
Audio
Rematando o diario
Accede ao teu diario de aprendizaxe e cubre o bloque 5. Recorda que debes cubrir a táboa para avaliar cada un dos proxectos dos demais grupos.




