4.1. Unha guía para o camiño

Un plan para a vosa meta!

Paso 1.- Formar os pequenos grupos de traballo. Mellor grupos mixtos e non moi grandes (3 ou 4 alumnas e alumnos).

Paso 2.- Debedes cuestionarvos cales son os principais problemas medioambientais do voso concello e da vosa comarca.

Paso 3.- Seleccionar o tema. Debedes preguntarvos que queredes investigar, tendo en conta a relevancia que ten na vosa contorna.

Paso 4.- Investigade na prensa local, revistas ou publicacións científicas sobre o tema escollido.

Paso 5.- Formulade o voso plan de traballo esquemático e pormenorizado.

Paso 6.- Desenvolvede o voso traballo de campo analizando as distintas fontes (especialmente na prensa escrita diaria galega, que podedes tamén consultar en rede)

Paso 7.- Redactade o voso traballo de investigación, nos formatos propostos: cartel e bando municipal (por exemplo).

Paso 8.- Presentación do voso traballo no centro, nas parroquias ou no rexistro do voso concello.

Paso 9.- Elaboración das vosas conclusións (en pequeno e gran grupo).

Persoas traballando en grupo
Persoa que transmite unha idea
Persoa que fai unha presentación

Reflexionade

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Toca acudir de novo ao diario de aprendizaxe! Nesta ocasión tedes que reflexionar sobre como foi o desenvolvemento do reto.

Podedes guiarvos por estas preguntas para redactar a vosa reflexión:

  • Que foi o máis difícil á hora de conseguir o reto proposto?
  • Que cousas novas aprendín ao longo do reto?
  • Que é o que máis che chamou a atención do reto? E o que menos che gustou?
  • Cambiaría algunha cousa se tivese que facer o reto de novo?

Páxina 22 de 26

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)