1. As pegadas do lume e o despoboamento

 

Glosario

Aldea

Vista xeral da Aldea de Pedrafita do Cebreiro, tamén parroquia, no Camiño de Santiago

Definición:

Núcleo de poboación rural, sen xurisdición propia, sen infraestruturas e cunha reducida veciñanza (entre 301 e 2000 habitantes).

Exemplo:

O Camiño de Santiago pasa pola aldea de Ponte Maceira, famosa pola súa ponte románica.

Bando Municipal

Taboleiro para a publicación do Bando Municipal

Definición:

Comunicación oficial do alcalde dun concello ou pedanía para lembrar, informar ou aplicar unha disposición para regular a convivencia da veciñanza.

Exemplo:

O bando do alcalde de Gondomar obriga á veciñanza á limpeza de fincas ante a proximidade do verán.

Concello

Fachada do Concello de Gondomar (Pontevedra)

Definición:

Entidade administrativa definida por un territorio e dirixida por unha corporación formada polo alcalde e os concelleiros.

Exemplo:

O alcalde do Concello de Vigo inaugurou as luces do Nadal.

Parroquia

Mapa das parroquias do Concello de Mos

Definición:

División administrativa dos concellos galegos, de orixe relixiosa, que teñen como eixo unha igrexa parroquial.

Exemplo:

Na parroquia de Vincios, no Concello de Gondomar, pódese visitar o petróglifo de Auga da Laxe.

Vila

Pobo de Combarro cos seus hórreos

Definición:

Asentamento rural de maior superficie e poboación ca unha aldea, entre 2001 e 10.000 habitantes, con servizos e xurisdición propia.

Exemplo:

A vila de Combarro é coñecido polos seus hórreos á beira do mar.

Volvendo ás orixes

Os teus avós maternos viven na vosa cidade, mais conservan a súa casa en Aldea Vella, a uns 60 quilómetros de distancia da vosa residencia actual.

Estes días están preocupados, porque nas noticias viron que arderon centos de hectáreas de varias aldeas e bosques do seu concello natal. Como estarán as súas fincas e a súa casa da infancia?

Decidides viaxar á aldea para ver a situación e botar unha man, se é preciso. Durante a viaxe, a avoa cóntavos que, cando ela era nena, había moita riqueza nas carballeiras e sobreiras que rodeaban a aldea; nelas pacían as ovellas e as cabras; as abellas voaban a miles ao redor das súas colmeas e os castiñeiros estaban cargadiños de ourizos de castañas no outono. Eles recollían fento para o gando, froitos de tempada para comer, leña para a cociña de ferro… era unha vida dura, mais feliz. O avó engade que agora xa case non hai xente nova, nin gando na aldea e as terras están cheas de maleza.

Lectura facilitada

Os vosos avós viven na cidade.
Pero tamén teñen unha casa en Aldea Vella.Estes días os avós están preocupados.

Nas noticias falaron de incendios.
Arderon aldeas e montes do seu concello.

Os avós pregúntanse:
como estará a casa? e as fincas da familia?

Decidides ir á aldea para axudar.
Durante a viaxe, a avoa fala do pasado.
Conta que, cando era nena, a aldea estaba chea de vida.
A vida era dura, pero feliz.

O avó di que agora a aldea cambiou.
Xa non hai xente nova.
Hai pouco gando.
As terras están abandonadas e cheas de maleza.

Lumes e un territorio baleiro

A continuación tedes un vídeo no que Isabel Calvete, axente forestal no concello de Cervantes, fala sobre os lumes e algunhas das súas causas. Mirade o seguinte vídeo interactivo e respondede ás preguntas.

com/watch?v=et7JvAPJ8lc&list=PL5b7SF8Q1XNCqUF7t2PYfb91FJV_qEDeo&index=20

Portada do vídeo con pictogramas de incendio forestal e casa baleira

Que vas a aprender salvando Aldea Vella?

Neste recurso ides aprender o seguinte:

  • As características do espazo natural e como o ser humano fai uso del.
  • A importancia de protexer o medio ambiente e de fomentar un desenvolvemento sostible.
  • Os diferentes tipos de poboamento e a súa evolución.
  • Os retos ambientais e demográficos aos que nos enfrontamos nun futuro non moi lonxano.

Páxina 2 de 26

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)