A viaxe no tempo: 700 anos atrás.
Os señoríos feudais, os castelos, as cidades, os mosteiros, a cristiandade... cabaleiros, raíñas, monxes, servos, burguesía... van conformando os espazos e a vida na Europa da Idade Media, pero... ata cando? Os anos de crecemento da economía e da poboación perdurarán ata finais da Idade Media?
No seguinte vídeo poderás ver un pequeno resumo do período que deseguido vas estudar.
Preparados para trasladarvos mentalmente a un dos momentos máis dinámicos e interesantes da historia da humanidade? O período final da Idade Media foi unha etapa de grandes desafíos e de enormes cambios. Unha época na que a sociedade tivo que buscar solucións a graves problemas como as fames, as protestas sociais e á terrible epidemia coñecida como peste negra.

Tende por seguro que cada unha das actividades e retos que se vos proporán realizar será unha aventura que vos axudará a coñecer mellor aquela época e a convertervos en conselleiros dun monarca enfrontando a problemas de difícil solución.
É o momento de iniciar a viaxe, preparade unha pequena mochila na que meter unha reducida equipaxe e unha grande ilusión.
Ánimo.
Lectura facilitada
Os señoríos feudais, os castelos,
as cidades, os mosteiros, a cristiandade...
cabaleiros, raíñas, monxes, servos, burguesía...
crean os espazos e a vida na Europa da Idade Media
pero... ata cando?
Os anos de crecemento da economía e da poboación
perdurarán ata finais da Idade Media?
Preparados para trasladarvos mentalmente á Idade Media?
O período final da Idade Media foi unha etapa de grandes cambios.
Unha época na que a sociedade tivo graves problemas
como as fames, as protestas sociais e a peste negra.
Iniciaremos unha viaxe para coñecer mellor aquela época.
Preparade unha pequena mochila cunha reducida equipaxe
e unha grande ilusión.
Ánimo.