4. Xa estás "barbarizado ou barbarizada": a polo reto final!

Comeza o reto final!

Parabéns!

Remataches o percorrido por este interesante camiño dos pobos chamados "bárbaros" que, como puideches comprobar, axudaron a configurar parte do que é a cultura europea actual. De seguro, cambiou a túa visión das persoas que, na actualidade, e por diferentes motivos, teñen que fuxir dos seus lugares de orixe na procura dunha vida mellor. Agora é o momento que o expreses a través de diferentes ferramentas. 

Intenta elaborar un produto final no que poidas facer paralelismos entre o impacto positivo das migracións bárbaras no Imperio Romano e as actuais, de maneira que provoque unha reflexión nas persoas, xoves ou adultos, que as vexan. 

Ánimo!

Por que este reto?

Porque axudará a cambiar a visión negativa que se tiña das invasións bárbaras e que, moitas veces, relaciónanse cos actuais movementos migratorios. A través da consecución do reto, poderás amosar todos os beneficios que implicaron o asentamento dos pobos do norte nos territorios do antigo Imperio romano de occidente, mesturándose coa poboación hispanorromana e, co tempo, creando novos reinos que se consolidaron ao longo da historia. 

Lectura facilitada

Parabéns, remataches o percorrido no coñecemento dos pobos bárbaros.

Os bárbaros axudaron a configurar a cultura europea actual.

Ese coñecemento pode axudarche a cambiar a túa visión

das migracións actuais e expresalo a través de diferentes ferramentas.

Intenta elaborar un produto final no que fales do impacto positivo

das migracións bárbaras e das actuais, provocando unha reflexión en todo o mundo.

O produto final axudará a cambiar a visión negativa das migracións bárbaras e das actuais.

Conseguindo o reto, poderás demostrar os beneficios que implicaron

o asentamento dos pobos do norte no antigo Imperio romano de occidente creando novos reinos.

Página 9 de 15

Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento No comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)