3. Os pobos xermánicos e a caída do Imperio Romano

Que chegan os bárbaros!

De seguro oíches falar algunha vez da caída do Imperio Romano, das invasións bárbaras e dun período de destrución no que se perdeu todo o coñecemento da época clásica: a Idade Media.

Neste recurso verás que non todo foi branco e negro, e que tras a desaparición do Imperio Romano de Occidente non se perdeu todo o coñecemento nin foron uns séculos tan escuros como os pintan.

A continuación podedes ver este vídeo que nos servirá como introdución aos contidos do recurso.

O vídeo preséntanos a Atila, rei dos hunos. Nel, a profesora Susanna Elm di a seguinte frase: "A lenda de Atila convérteo nesta feroz besta salvaxe que ten moito que ver coa forma na que os escritores romanos pensaban sobre as persoas que viñan de fóra dos límites do seu mundo". A que vos soa esta descrición? Efectivamente: son os bárbaros!

Página 4 de 15

Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento No comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)