Hoxe acompáñanos a arqueóloga Elba, que vai axudar ao profesor Paco a explicar o tema de Roma. Entrou na aula e díxonos moi sorprendida: "Rapaces, non sabedes todo o que fixeron os romanos por nós? Acabo de repasar as tarefas e as escavacións que fixen sobre o mundo romano, e, despois de tantos anos, seguen vixentes a día de hoxe na nosa vida. Por iso, podemos estudalas e intentar protexelas e coidalas cara ao futuro."
Mirou aos ollos da rapazada e insistiu na súa idear: "Propóñovos un reto: en grupos de 5 ou 6, tes que contar como algunha obra, construción, material, ensinanza ou tradición romana chegou ata os nosos días. Tes que explicar ben en que consiste e a continuación analizar o uso e importancia que seguen tendo hoxe ditas cousas. Por último, teredes que valorar a súa importancia como se poden seguir conservando, confeccionandoun dossier, colaxe, presentación ou vídeomontaxe para explicar ben o proceso e as cousas referidas ao Reto. Veña!!!! Que o tempo corre, xa estamos rematando o curso!!!!"
Lectura facilitada
Unha arqueóloga chamada Elba explícanos o reto.
Xúntate con catro compañeiros e compañeiras.
Buscade unha pegada de Roma cerca de ti. Pode ser un monumento ou unha tradición.
Realizade unha presentación.
A presentación ten que explicar os seguintes elementos sobre a pegada elixida:
Que foi?
Como permanece nos nosos días?
Audio
Comezamos...
O Imperio romano deixou unha profunda pegada nos territorios que conquistou, e a actual España non é a excepción. Desde os seus monumentos e obras de enxeñería ata as súas tradicións e leis, a influencia romana segue presente en moitos aspectos da nosa vida cotiá. A través deste reto, exploraremos como o legado de Roma segue vixente na nosa sociedade actual:
Obxectivo do reto
O alumnado deberá investigar, analizar e relacionar diferentes aspectos do legado do Imperio romano que aínda perduran na sociedade española e galega. Este reto ten como finalidade desenvolver habilidades de investigación, análise crítica e capacidade para presentar información de maneira clara e coherente.
Fase 1
O alumnado, repartido en grupos, e dentro de cada grupo en distintos roles, deberá facer unha procura da información a analizar: en grupos de 4-6 alumnos, cada grupo investigará un aspecto diferente do legado romano en España e Galicia. Estes aspectos poden incluír:
Monumentos e obras de enxeñería (acuedutos, pontes, calzadas).
Cidades, pobos ou calquera tipo de poboamento que poidamos rastrexar ata época romana.
Tradicións e festividades de orixe romana (por exemplo, no Nadal, festas relixiosas).
Leis e sistema xurídico que fosen herdados ou adaptados do Dereito romano.
Organización política e administrativa (provincias, municipios).
O idioma: influencia do latín no español, galego ou catalán actual.
Fase II
Unha vez recompilada a información, cada grupo deberá relacionar o seu tema coa vida cotiá na actualidade. Como influíron os monumentos romanos nas cidades españolas modernas? Cales seguimos usando? Que tradicións romanas seguimos celebrando hoxe en día? Que aspectos das leis ou a organización política perduraron ata os nosos días? Como afecta o latín ao español que falamos hoxe?
Fase III
Cada grupo preparará unha exposición creativa sobre o seu tema apoiándose en material confeccionado por eles mesmos. As opcións de presentación poden incluír:
Un mural visual onde se mostren imaxes e descricións dos monumentos, tradicións ou leis investigadas.
Un vídeo no que expliquen o tema de maneira interactiva.
Un podcast ou programa de radio ficticio onde comenten a súa investigación.
Unha presentación oral con apoio de diapositivas.
Conclusións
Ao final das presentacións, cada grupo deberá debater como o legado do Imperio romano contribuíu á identidade cultural e social de España e Galicia. Farase unha reflexión conxunta sobre a importancia de coñecer o noso pasado para comprender mellor noso presente.
Lectura facilitada
Obxectivo do reto
O alumnado deberá investigar, analizar e relacionar diferentes aspectos do legado
do Imperio romano que aínda perduran na sociedade española e galega.
Fase 1
O alumnado, repartido en grupos, investigará un aspecto diferente do legado romano en España e Galicia:
Monumentos e obras de enxeñería.
Cidades, pobos ou calquera tipo de poboamento que poidamos rastrexar ata época romana.
Tradicións e festividades de orixe romana.
Leis e sistema xurídico que fosen herdados ou adaptados do Dereito romano.
Organización política e administrativa.
Influencia do latín no español, galego ou catalán actual.
Fase 2
Unha vez recompilada a información, cada grupo deberá relacionar o seu tema coa vida cotiá na actualidade.
Fase 3
Cada grupo preparará unha exposición creativa sobre o seu tema. As opcións de presentación poden incluír:
Un mural visual onde se mostren imaxes e descricións dos monumentos, tradicións ou leis investigadas.
Un vídeo no que expliquen o tema de maneira interactiva.
Un podcast ou programa de radio ficticio onde comenten a súa investigación.
Unha presentación oral con apoio de diapositivas.
Audio
Cal é a meta do noso reto?
Unha vez teñas este reto superado, serás capaz de:
Situar o nacemento e desenvolvemento de distintas civilizacións e situalas no espazo e no tempo, integrando os elementos históricos, culturais, institucionais e relixiosos que as conformaron, explicando a realidade multicultural xerada ao longo do tempo e identificando as súas achegas máis relevantes á cultura universal.
Relacionar as culturas e civilizacións que se desenvolveron ao longo da historia antiga, coas diversas identidades colectivas que se foron construíndo ata a actualidade, reflexionando sobre os múltiples significados que adoptan e as achegas de cada unha delas á cultura humana universal.
Elaborar, expresar e presentar contidos propios en forma de esquemas, táboas informativas e outros tipos de formato mediante o desenvolvemento de estratexias de procura, selección e tratamento de información relativas a procesos e acontecementos relevantes do presente e do pasado.
Desenvolver e construír coñecementos significativos sobre a realidade actual e o pasado, empregando métodos indutivos, a investigación e o traballo baseado en proxectos, retos ou resolución de problemas, elaborando produtos que amosen a comprensión dos fenómenos e cuestións tratadas.
Expresar opinións críticas sobre temas de actualidade utilizando coñecementos históricos, analizando e valorando diferentes fontes de información.
Identificar e interpretar a conexión de España e Galicia cos grandes procesos históricos da época antiga, valorar o que supuxeron para a súa evolución e sinalando as achegas dos seus e das súas habitantes ao longo da historia.
Lectura facilitada
Cando superes este reto, serás capaz de… 1. Comprender onde e cando naceron as grandes civilizacións. Saberás situar no mapa e no tempo as principais civilizacións antigas. Recoñecerás os seus elementos máis importantes:
a súa historia,
a súa cultura,
as súas institucións,
e as súas crenzas relixiosas.
Entenderás tamén como estas civilizacións fixeron posible unha realidade multicultural, e cales foron as súas achegas á cultura universal.
2. Relacionar culturas e identidades. Poderás ver como as culturas da antigüidade influíron nas identidades colectivas actuais. Reflexionarás sobre o significado de cada cultura e o que achegou á humanidade.
3. Crear e presentar información propia. Saberás facer esquemas, táboas e resumos, utilizando diferentes fontes de información. Aprenderás a buscar, seleccionar e organizar datos sobre feitos e procesos históricos, tanto do pasado como do presente.
4. Construír coñecemento mediante a investigación. Empregarás métodos de investigación e traballo por proxectos. Aprenderás investigando, resolvendo retos e problemas, e crearás produtos finais que amosen o que aprendiches.
5. Ter unha opinión crítica. Serás quen de opinar sobre temas de actualidade, usando o que sabes de historia. Aprenderás a analizar e valorar distintas fontes de información.
6. Coñecer o papel de Galicia e España na antigüidade. Entenderás como Galicia e España participaron nos grandes procesos históricos da época antiga. Valorarás o que achegaron os seus habitantes ao longo da historia e como isto influíu na súa evolución.