3. As mensaxes de Kleptis e a resolución do reto

Imaxe do ladrón KleptisAgora que refrescamos os nosos coñecementos xa podemos dar os primeiros pasos para recuperar as pezas roubadas.

Vamos ao choio!

Estades listos e listas para recuperar as pezas do museo?

Antes de nada, precisades estudar ben os indicios que o ladrón foi deixando tras de si. 

Só coñecendo ben o pasado grego poderedes recoñecer as pezas máis relevantes do museo... o ladrón non é parvo! Que pezas levaría? 

As mensaxes que Kleptis vai enviando ao Museo Nacional de Atenas están cheas de pistas!

Aquí tedes os pasos a seguir: 

1º) Facede equipos de detectives.

2º) Cada equipo encargarase de desencriptar cada mensaxe. Substitúe cada letra do alfabeto grego pola equivalente latina.

3º) Na galería de imaxes do reto, están todas as imaxes do catálogo de pezas desta exposición.

4º) A información de cada apartado deste reto axudaravos a identificar as pezas roubadas por  Kleptis.

Πάμε! "Vamos!"

Lectura facilitada

Agora que refrescamos os nosos coñecementos.

Xa podemos dar os primeiros pasos para recuperar as pezas roubadas.

Vamos ao choio!

Estades listos e listas para recuperar as pezas do museo?

Antes de nada, precisades estudar ben os indicios que o ladrón foi deixando tras de si. 

Só coñecendo ben o pasado grego poderedes recoñecer as pezas máis relevantes do museo.

O ladrón non é parvo! Que pezas levaría? 

As mensaxes que Kleptis vai enviando ao Museo Nacional de Atenas están cheas de pistas!

Aquí tedes os pasos a seguir: 

1º) Facede equipos de detectives.

2º) Cada equipo encargarase de desencriptar cada mensaxe.

Substitúe cada letra do alfabeto grego pola equivalente latina.

3º) Na galería de imaxes do reto, están todas as imaxes do catálogo de pezas desta exposición.

4º) A información de cada apartado deste reto axudaravos a identificar as pezas roubadas por  Kleptis.

"Vamos!"

Páxina 12 de 36

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)