Antes de comenzar preguntámonos

Antes de comezar coa nosa viaxe é preferible deseñar con coidado que medios de transporte podemos usar, que rutas tomar e cal é o resultado de cada traxecto en relación á pegada de carbono no Medio Ambiente de cada un dos nosos protagonistas. Pensa que cada un destes viaxes é moi importante para salvalo noso Planeta!!!
Para levar conta de todo o acontecido empregaremos o diario de aprendizaxe, unha especie de caderno de bitácora onde anotaremos o que vaiamos aprendendo, así como o que consideremos oportuno do proceso de ensino-aprendizaxe.

Agora, repasa a imaxe anterior e analiza canto dióxido de carbono hai na atmosfera e como foi variando esa cifra ao longo das últimas décadas. Logo, podes anotar no teu diario de aprendizaxe as respostas:
- En que época se disparou a acumulación de dióxido de carbono na atmosfera?
- Cal cres que foi a causa principal? Que cifras de dióxido de carbono calcúlanse hoxe como habituais na atmosfera?
Lectura facilitada

Antes de comezar coa nosa viaxe pensa
- que medios de transporte podes usar,
- que rutas podes tomar e
- cal é o resultado final de cada traxecto
Debes valorar estes factores en relación á pegada de carbono no Medio Ambiente.
Pensa que cada un destes viaxes é moi importante para salvalo noso Planeta!!!
Empregarás o Diario de aprendizaxe para reflexionar sobre o que vaias aprendendo.

Mira a imaxe e analiza canto dióxido de carbono hai na atmosfera.
Analiza como foi variando a cantidade de dióxido de carbono nas últimas décadas.
Debes anotar no teu Diario de aprendizaxe as respostas:
- En que época se disparou a acumulación de dióxido de carbono na atmósfera?
- Cal cres que foi a causa principal?
- Que cifras de dióxido de carbono son hoxe habituais na atmosfera?
