4. A traca final

Actuación relampo

Pictograma de tres persoas bailando con notas musicais ao redor.

Ao longo deste reto descubriches diferentes formas de describir e representar un son, e todo isto a ritmo de swing!

Espertaches a túa conciencia sobre o problema da contaminación acústica e aprendiches a escoitar o "silencio".

Fuches quen de improvisar e mesmo compoñer unha peza de ritmo pensada para obxectos. Conseguiches converter o ruído en música!

Chega o momento de poñer en práctica todo o aprendido e poñer en marcha a túa actuación relampo.

Actuación relampo 

Pictograma dun documento coa parte superior con dúas persoas con notas musicais.Paso 1: creación dunha peza rítmica

  • Na páxina 2.2. "O que nunca escoitas" realizaches unha listaxe de obxectos que producen patróns rítmicos constantes.
  • Na páxina 3.1. "A que soa o teu centro?" realizaches unha escoita activa e representaches de forma gráfica os sons da túa contorna mentres permanecías en silencio.
  • Na páxina 3.7. "Nesta clase non se escribe!" convertiches botellas baleiras nun botellófono, un instrumento co que se poden interpretar melodías.
  • Na páxina 3.8. "Hora de crear" elaboraches unha peza musical para percusión corporal cun mínimo dúas partes contrastantes. Neste punto tamén aprendiches a expresarte coa música realizando unha improvisación.

Material escolar organizado sobre unha mesa: inclúe un estoxo, papel, bolígrafos e unha axenda.Paso 2: interpretación con obxectos

  • Na páxina 3.7. "Quen fala?" analizaches os diferentes timbres dos obxectos que te rodean no teu centro e elaboraches unha lista.
  • Na páxina 3.8. "Hora de crear" adaptaches a túa composición para percusión corporal para ser interpretada cos obxectos da túa lista e co teu botellófono na actividade "Unha orquestra de lapis e bolis".

Tres partituras con pentagramas, notas musicais e a clave de sol.Paso 3: creación dunha posta en escena

  • Na páxina 3.6. "E ti sen paraugas..." elaboraches un slogan informativo para concienciar sobre a contaminación acústica na aula.

Dúas persoas vendo fogos de artificio.Paso 4: sorprender as demais persoas

  • Chega o momento de realizar unha posta en escena na que lle amoses ás demais persoas que se pode facer música con obxectos do teu centro.
  • Aproveita a túa actuación relampo para concienciar sobre a contaminación acústica cun pequeno discurso que remate co teu slogan.

Concienciando as demais persoas

Persoas traballando en grupo sentadas ao redor unha mesa con folios en branco enriba e un bote con lapis.

Ao longo das distintas fases descubriches que no teu centro estás rodeado de diferentes ruídos e sons.

Tamén experimentaches o que acontece cando ficas en silencio: o ruído é constante.

Elabora en grupos de 4 persoas un discurso dun mínimo de 5 liñas no que expoñas todo o que experimentaches.

Remata o guión expoñendo o slogan que elaboraches anteriormente na páxina 3.6. na actividade "Slogan informativo".

Páxina 17 de 22

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)