4.1. Luces, cámara...

 

Glosario

Broadway

Pictograma da parte dianteira dun teatro cunha alfombra vermella e un cartel cunha persoa axeonllada.

Definición:

Broadway é o conxunto dos grandes teatros profesionais de New York, onde se representan espectáculos de relevancia a nivel mundial.

Exemplo:

Este musical está tan ben feito que vai ser representado en Broadway

A biblioteca é Broadway!

Edificio dos musicais de Broadway iluminados de noite.

Xa tes a túa composición lista para tocar con obxectos e tes un discurso preparado para concienciar sobre a contaminación acústica.

Chegou o momento de que elabores unha posta en escena.

Traballa nun grupo de 4 persoas e esperta a túa imaxinación.

A biblioteca pode ser o novo Broadway!

Crear unha posta en escena

Aquí tes os pasos que debes seguir para elaborar a posta en escena para a túa actuación relampo.

Escolle un espazo axeitado

Persoa decidindo entre dous cores azul e vermello.

Isto é algo fundamental. Unha das características principais dunha actuación relampo é que se realiza nun lugar público.

Unha proposta é realizalo na biblioteca, pero podes escoller calquera espazo que consideres axeitado tras consultalo co equipo docente.

Elixe como comeza a actuación

Persoa golpeando as súas mans contra os xeonllos cando está sentada.

O principio dunha actuación relampo sempre sorprende porque a xente non o espera.

Poderías, por exemplo, comezar na biblioteca do teu centro facendo un ritmo abrindo e pechando o bolígrafo ou golpeando o libro contra a mesa.

Quen se une?

Pictograma dun grupo de persoas.

Unha vez comece a actuación relampo, decide como se van sumando o resto de ritmos e de elementos.

Por exemplo, se comezas facendo un ritmo co bolígrafo podería aparecer alguén pola porta movendo unha cadeira. A continuación alguén que está sentado en silencio comeza a abrir e pechar o seu libro.

Un final xenial

Persoas vendo fogos artificiais.

Nunha actuación musical sempre son moi importantes os principios e os finais, por iso debes pensar un final que sirva de clímax á actuación.

Un truco é empregar os matices de intensidade. Podes comezar en piano os últimos 4 compases e realizar un crescendo ata fortíssimo.

Outro truco é servirse do tempo e empregar un accelerando ou un ritardando.

Expón o teu slogan

Persoa sendo o centro de atención subida a unha tarima e dúas persoas observando.

Acabas de rematar a túa actuación relampo. Chega o momento de explicar o motivo polo que realizaches esta actividade: concienciar sobre a contaminación acústica.

Unha vez rematen os aplausos debes aproveitar a atención e comezar o teu discurso sobre a contaminación acústica.

Remata a exposición proclamando con seguridade o teu slogan da páxina 3.6. "E ti sen paraugas!"

Rúbrica para avaliar as actuacións relampo

Rúbrica para avaliar as actuacións relampo
 ExcelenteSatisfactorioMellorableInsuficiente
O silencio O silencio utilízase de forma consciente e expresiva, tanto para dar comezo á actuación como durante a mesma. (1)Tense en conta o silencio antes de comezar a actuación e enténdese a importancia do seu uso como recurso rítmico. (0,75)Hai certa atención ao silencio ao inicio pero non se fai un bo uso como recurso rítmico. (0,50)Non se valora o silencio para comezar a actuación e non se usa como recurso rítmico. (0,25)
Variedade rítmicaCada persoa do equipo interpreta un ritmo diferente con variedade de figuras rítmicas. (1)Case todas as persoas do equipo interpretan un ritmo diferente con bastante variedade de figuras rítmicas. (0,75)As persoas do equipo non interpretan un ritmo diferente ou hai moi pouca variedade de figuras rítmicas. (0,50)As persoas do equipo non interpretan un ritmo diferente e hai moi pouca variedade de figuras rítmicas. (0,25)
Variedade tímbrica A proposta presenta unha gran variedade tímbrica e inclúe o uso melódico do botellófono. (1) A proposta presenta bastante variedade tímbrica e inclúe o uso melódico do botellófono. (0,75) A proposta non presenta variedade tímbrica ou non inclúe o uso melódico do botellófono. (0,50)A proposta non presenta variedade tímbrica nin inclúe o uso melódico do botellófono. (0,25)
InterpretaciónTodas persoas do equipo interpretan moi ben a súa proposta e mostran seguridade e coordinación. (1)Todas persoas do equipo interpretan ben a súa proposta e mostran bastante seguridade e coordinación. (0,75)Todas persoas do equipo interpretan aceptablemente a súa proposta, mais con bastante inseguridade ou falta de coordinación. (0,50)As persoas do equipo non interpretan aceptablemente a súa proposta e nótase inseguridade e falta de coordinación. (0,25)
O discurso O discurso está moi ben estruturado e resulta coherente e fluído. (1)O discurso está ben estruturado e resulta bastante coherente e fluído. (0,75)O discurso está aceptablemente estruturado pero non resulta coherente nin fluído. (0,50)O discurso non está aceptablemente estruturado e non resulta coherente nin fluído. (0,25)
O slogan O slogan é moi pegadizo e ten unha mensaxe clara. (1)O slogan é bastante pegadizo e ten unha mensaxe bastante clara. (0,75)O slogan non resulta pegadizo ou non ten unha mensaxe o suficientemente clara. (0,50)O slogan non resulta pegadizo nin ten unha mensaxe o suficientemente clara. (0,25)
Traballo en equipoO reto amosa un excelente traballo en equipo. (1)O reto amosa un bo traballo en equipo. (0,75)O reto amosa un traballo en equipo aceptable. (0,50)O reto non amosa un traballo en equipo aceptable. (0,25)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica para avaliar as actuacións relampo (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Unha vez que xa remataches o teu reto é o momento de reflexionar. 

Recorda todo o que aprendiches e traballaches para poder realizalo. 

Ademais non esquezas as dificultades e como soubeches solucionalas. 

É o momento de ir ao teu diario de aprendizaxe e reflexionar sobre o traballo realizado.

Páxina 18 de 22

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)