Dereito e posibilidade dunha persoa para poder crear seguindo os seus propios criterios.
Exemplo:
Deixou o grupo para dedicarse á súas composicións e aproveitar a súa liberdade creativa.
Sincopado
Definición:
Melodía ou ritmo que ten o acento desprazado pola prolongación dun tempo débil sobre un forte.
Exemplo:
Os solos do saxofonista Charlie Parker teñen ritmos moi sincopados.
Xéneros musicais
Definición:
Cada unha das clases en que se poden dividir as obras musicais segundo o seu contido ou estilo.
Exemplo:
O jazz e o blues son xéneros musicais nos que a improvisación está moi presente.
O jazz
Que é isto do jazz?
O jazz é un dos xéneros musicais máis relevantes do século XX.
Xurdiu en Estados Unidos a partir da mestura de culturas afroamericanas e europeas.
Caracterízase pola improvisación, o ritmo sincopado (swing) e a liberdade creativa dos intérpretes.
Dende as súas orixes en Nova Orleans, espallouse pola radio, polos clubs e polos grandes escenarios do mundo. Co tempo, evolucionou en numerosos estilos, converténdose nunha música chea de diversidade e continua innovación.
A orixe
O jazz nace entre 1890 e 1910 en Nova Orleans. O barrio de Storyville foi un dos puntos claves neste proceso.
Alí mesturáronse o ragtime, os espirituais, o blues e as marchas militares, interpretados por músicos afroamericanos, crioulos e europeos.
Instrumentistas comoBuddy Bolden (considerado o primeiro gran solista do jazz) popularizaron a improvisación e o uso do swing rítmico.
Ademais, instrumentos típicos como a corneta, o trombón, o clarinete, o piano e o banjo definiron o son do chamado Dixieland ou jazz tradicional.
O jazz preto de ti
Aínda que a orixe do jazz tivo lugar nos EUA, en Galicia temos unha grande escena con intérpretes de gran nivel.
Isto débese, entre outros moitos motivos, á existencia de centros de estudo de referencia como son O Seminario de Jazz de Pontevedra e Escola Estudio (Santiago de Compostela).
Tamén existen diversos festivais onde escoitar intérpretes galegos e internacionais ao longo do ano en Lugo, Ourense, Vigo, Pontevedra, Ames, Cangas, Nigrán... e moitos máis. Ademais, existen diferentes salas onde programan concertos e jam sessions onde escoitar jazz semanalmente como son A Casa das Crechas, A Borriquita de Belem, El Clavicémbalo, Café Latino, La Casa de Arriba, Jazz Filloa.
Na actualidade é posible cursar estudos profesionais e superiores de jazz en diversas entidades privadas e públicas, como o CSM de A Coruña.
Lectura facilitada
Que é o jazz?
O jazz naceu en Estados Unidos unindo ritmos africanos e europeos.
Os músicos inventan parte da música mentres a están tocando.
É un estilo que sempre busca probar cousas novas.
A orixe
A orixe está na cidade de Nova Orleans, especialmente nun barrio chamado Storyville.
O jazz naceu da unión de estilos como o blues, o ragtime e as marchas militares.
No jazz tradicional (chamado Dixieland) usábanse a corneta, o trombón, o clarinete, o piano e o banjo.
Buddy Bolden foi un dos primeiros grandes músicos de jazz.
En Galicia
En Galicia existen centros de referencia para estudar esta música:
O Seminario de Jazz de Pontevedra.
Escola Estudio en Santiago de Compostela.
Conservatorio Superior (CSM) da Coruña (estudos oficiais).
Hai festivais de jazz en case todas as cidades: Lugo, Ourense, Vigo, Pontevedra, Ames, Cangas ou Nigrán.
Lugares famosos como A Casa das Crechas (Santiago), Jazz Filloa (A Coruña) ou o Café Latino (Ourense) ofrecen música en directo e jam sessions (sesións de improvisación).
Galicia ten grandes músicos como:
Abe Rábade, Paco Charlín, Naíma Acuña ou Xan Campos.
O grupo Sumrrá, que leva máis de 25 anos tocando xuntos.
Audio
A evolución do jazz
E despois...
O swing
O swingé un estilo de jazz que se fixo moi popular na década dos 30.
Caracterízase por un ritmo marcado e constante que permitía o baile.
Nesta época xorden as big bands, eran orquestras grandes con 10-18 instrumentos, entre as que destacaron as de Duke Ellington, Count Basie e Benny Goodman.
O trompetista e cantante Louis Armstrong destacou grazas aos seus solos e a súa maneira de tocar que influíron a todos os músicos.
Grazas ao swing, o jazz chegou á radio, aos bailes e ao gran público.
Bebop
O bebopaparece nos anos 40 como un jazz máis rápido, libre e difícil de tocar.
Xa non era música para bailar, senón para escoitar con atención pola súa complexidade.
Os grupos eran pequenos, con máis improvisación e melodías cheas de cambios rápidos. Os músicos máis importantes deste estilo foron Charlie Parker (saxofón) e Dizzy Gillespie (trompeta).
O bebop fixo que o jazz se convertese nunha música máis creativa e de concerto.
Cool jazz e hard bop
Nos anos 50 aparece o cool jazz, un estilo máis tranquilo, con melodías suaves e un ritmo máis pausado que o bebop.
No jazz modal empregábanse poucos acordes que se mantiñan, permitindo improvisar dun xeito máis libre e desenvolver melodías longas e expresivas.
O disco "Kind of Blue" do trompetista Miles Davis, gravado no ano 1959 é unha das obras referentes deste estilo e do jazz en xeral.
Neste álbum tamén participan grandes referentes como John Coltrane (saxo tenor), Julian "Cannonball" Adderley (saxo alto), Paul Chambers(contrabaixo), Jimmy Cobb (batería) e os pianistas Bill Evans e Wynton Kelly.
Free jazz e jazz fusión
A partir dos anos 60, o jazz seguiu evolucionando cara a estilos máis libres e experimentais.
Aparece o free jazz que rompe as normas tradicionais de ritmo e harmonía, dando total liberdade á improvisación. Un dos principais referentes deste xénero é Ornette Coleman.
Nos anos 70 aparece o jazz fusión, que mestura o jazz con rock, funk e música electrónica.
Comezan a empregarse instrumentos como guitarras eléctricas, baixos eléctricos, teclados e sintetizadores.
Artistas como Miles Davis formaron parte deste cambio e demostraron que o jazz é unha música viva, en constante cambio e aberta a novas influencias.
Hoxe en día o jazz segue evolucionando e é habitual que se mesture con músicas populares como o flamenco e mesmo músicas tradicionais das diferentes rexións.
Lectura facilitada
Swing
Un estilo de jazz moi alegre e rítmico nos anos 30.
Estaba feito principalmente para bailar.
As Big Bands: Eran orquestras moi grandes (de 10 a 18 músicos).
Músicos famosos: Duke Ellington e o trompetista Louis Armstrong.
Bebop
Era unha música moi rápida e difícil de tocar durante os anos 40.
Xa non era para bailar, era para escoitar con atención.
Os músicos improvisaban moito (inventaban a música no momento).
Músicos famosos: Charlie Parker e Dizzy Gillespie.
Cool jazz e hard bop
Cool jazz: Un estilo máis tranquilo, suave e relaxado. (Exemplo: Miles Davis).
Hard bop: Un estilo con máis enerxía, con influencias do blues e do gospel.
Desenvolvéronse principalmente durante os anos 50.
Jazz modal
Usar poucos acordes para que os músicos puidesen improvisar con máis liberdade.
"Kind of Blue" de Miles Davis é o disco de jazz máis famoso da historia publicado en 1959.
Free jazz e jazz fusión
Free jazz: Un estilo moi libre que rompe todas as regras.
Jazz fusión: O jazz mestúrase co rock e o funk.
Estes dous estilos coinciden durante os anos 60 e 70.
Comezan a usarse guitarras eléctricas, baixos eléctricos e sintetizadores.
O jazz hoxe
O jazz é unha música que sempre está cambiando.
Hoxe en día mestúrase con moitos estilos, como o flamenco ou a música tradicional de cada país.
Audio
Cantas coma unha trompeta!
O scaté unha forma de cantar jazz usando sílabas inventadas no lugar de palabras, como “ba-da-du”, “sho-bi-do” ou “pa-ra-pa”.
A persoa que canta improvisa igual que o faría un instrumento, creando melodías libres e xogando cos sons.
É unha técnica moi divertida e expresiva, que permite imitar trompetas, saxos ou ritmos.
Unha das cantantes máis famosas que utilizou o scat foi Ella Fitzgerald.
Audio
A influencia de Ella
O músico e docente Joan Chamorro traballou coas multinstrumentistas Rita Payes, MagaliDatzira,Eva Fernández e Andrea Motis nun proxecto titulado "La Màgia de la Veu" (A maxia da voz) onde renderon homenaxe a Ella Fitzgerald versionando o seu famoso solo de scat en "How high the moon".
Audio
Chega a túa quenda
Un dos discos máis representativos do cool jazz é "Chet Baker Sings" do trompetista Chet Baker.
Neste traballo mestúranse improvisacións de trompeta e voz empregando a técnica do scat.
Neste caso vas traballar sobre a peza "It could happen to you".
Entre o minuto 1:20 - 1:57 ten lugar unha fermosa improvisación.
Audio
Como traballar un solo?
A mellor forma de traballar o jazz é a transcrición, un proceso consiste en escoitar varias veces unha improvisación ou melodía, para despois cantala, tocala co instrumento correspondente e se é preciso, escribila.
Deste xeito estas melodías fican na túa memoria e forman parte das túas improvisacións.
Este é un proceso que dura semanas ou incluso meses.
Nesta actividade vas realizar un breve achegamento a este proceso ao logo dunha semana.
Os primeiros 4 días debes realizar unha escoita activa da peza.
O 5 día comeza a traballar a primeira frase do solo.
Ata onde podes chegar despois dunha semana?
Grava un audio no que mostres o anaco de solo que conseguiches aprender ao longo dos días.
Audio
Esperta o teu swing!
Unha das principais características do jazz é o swing, unha forma de interpretar as corcheas similar a un tresillo, onde a primeira é máis longa que a segunda dando unha sensación de balanceo.
Anímate a espertar o teu swing con estes exemplos rítmicos!
Aínda que se escriba como unha corchea, debes engadir a sensación de balanceo.
Anímate a escoitar música dos artistas anteriormente mencionados para escoitar o swing en estado puro!
Audio
Apoyo visual
O blues do ruído
Xa traballaches o swing, o scat e a improvisación rítmica.
Agora vas tocar un blues. Pero non un calquera, senón o "Blues do ruído" no que combinarás as sonoridades do xilófonos soprano, alto e baixo Orff con ruídos da aula.
Na partitura hai dúas partes de percusión:
A primeira está escrita para bolígrafo, que pode ser interpretado abrindo e cerrando o resorte ou golpeando contra a mesa. Tamén se pode interpretar abrindo ou pechando a cremalleira do teu estoxo ou chaqueta.
A segunda é máis grave e está pensada para golpear ou abrir e pechar un libro ou dicionario.
Anímate a buscar outros obxectos cos que interpretar esta peza e proba a crear unha nova liña de percusión.
Audio
Improvisando coa escala pentatónica
A escala pentatónica componse de 5 notas e é moi empregada nas músicas tradicionais e populares, e por suposto no jazz.
O blues do ruído ten unha parte B na que por quendas podes animarte a improvisar melodías coa escala pentatónica de Do maior.
Podes comezar improvisando 4 compases, e ir mudando o rol de improvisador e acompañante co resto do grupo.
Co tempo podes probar a improvisar unha volta completa: harmonía e estrutura, que se coñece como coro, que no caso do blues é de 12 compases.