3.4. Nesta clase non se escribe!

 

Glosario

Cantaruxar

Pictograma da cara dunha persoa cantando con notas musicais.

Definición:

Cantar baixiño, reproducindo só algunhas sílabas das que compoñen a melodía.

Exemplo:

Teño unha melodía na cabeza e non deixo de cantaruxala.

Notación

Pictograma dun libro aberto con partituras e notas musicais enriba do libro e unha mano cun lápis escribindo no libro.

Definición:

Representación gráfica dos elementos dunha composición musical.

Exemplo:

A invención da notación permitiunos conservar a música ao longo da historia.

Romboide

Papaventos vermello con forma de rombo.

Definición:

Polígono de catro lados caracterizado por ter os lados contiguos desiguais e os opostos iguais.

Exemplo:

Este papaventos ten forma romboide.

Nesta clase non se escribe!

Imaxina que no teu instituto de súpeto ninguén puidese anotar nada: nin tarefas, nin exames, nin horarios, nin apuntamentos, nin notas. Que acontecería?

Exacto: reinaría o caos. Todo dependería da memoria de cada persoa e iso non sempre funciona.

Pois iso mesmo ocorreu na antigüidade coa escritura, que xurdiu aproximadamente no 3500 a.C. para anotar intercambios comerciais, impostos, leis etc. 

Tableta de arxila con escritura cuneiforme que indica as racións alimentarias, arquivos de *Éanna, templo do deus do Ceo.

Teléfono musical

Pictograma de teléfono vermello de disco.


Nesta actividade a clase estará dividida en dous grupos.

O primeiro grupo viaxará ao pasado para transmitir individualmente e de forma oral unha sinxela melodía proposta polo/a docente. Pode ser interpretada/cantada ou por medio dun audio. 

O segundo grupo fará o mesmo, pero como non viaxou ao pasado, terá o apoio dunha representación gráfica da melodía. 

Cando a melodía chegue á última persoa de cada un dos grupos, esta deberá tocar ou cantaruxar a melodía.

Despois da viaxe no tempo

Unha vez realizada a actividade responde as seguintes cuestións:

  • Que grupo logrou conservar a melodía máis parecida á orixinal? 
  • Por que a música sen notación muda a medida que se vai transmitindo dunha persoa a outra de xeito oral?

Como podes imaxinar, a notación musical tamén xurdiu da necesidade de conservar unhas melodías cada vez máis numerosas.

Dende os primeiros intentos, arredor do 1400 a.C., ata a notación actual fixada durante o S.XV houbo moitos cambios.

Pero esa é unha historia que será contada noutro momento....

Os códigos da notación musical

Pentagrama

O pentagrama é o conxunto de 5 liñas horizontais paralelas e os seus 4 espazos sobre o que se escribe a notación musical. 

5 liñas paralelas horizontais.

Liñas adicionais

Son unhas pequenas liñas horizontais que se engaden ás notas que sobresaen do pentagrama por ser demasiado agudas ou demasiado graves.

Liñas adicionais por encima e por debaixo do pentagrama.

Claves

A Clave de Sol indica que a nota que está na 2ª liña corresponde ao Sol. O resto das notas colócanse sucesivamente nas liñas e espazos do pentagrama. 
Esta clave úsase para escribir as notas de rexistro agudo como as da frauta, trompeta ou violín.

Notas en clave de sol nun pentagrama.

A Clave de Fa en 4ª indica que a nota que se coloca na 4ª liña corresponde ao Fa. Do mesmo xeito que na de Sol, o resto das notas colócanse nas liñas e espazos do pentagrama. 
Esta clave úsase para escribir as notas de rexistro grave como as da tuba, o violonchelo ou as que corresponden á man esquerda do piano.

Notas en la clave de Fa nun pentagrama.

A Clave de Do en 3ª indica que a nota que se coloca na 4ª liña corresponde ao Do. Do mesmo xeito que na Clave de Fa e Sol, o resto das notas colócanse nas liñas e espazos do pentagrama. 
Esta clave úsase para escribir as notas de rexistro medio como a viola. 

Notas en clave de Do nun pentagrama.

Relación entre as Claves

O cambio de Clave non é un simple cambio de código. É o sistema que se creou para escribir as notas de rexistros graves, medios e agudos sen encher a partitura de liñas adicionais. 

Comparativa entre as principais claves musicais cada unha no seu pentagrama.

Apoio visual

Imaxe coa colocación da nota principal dependo a clave.

E que máis?

Evolución da notación musical

1400 a.C.

Os exemplos de notación musical máis antigos que se atoparon son o Himnos Hurritas, unhas táboas de arxila atopadas en Ugarit, unha cidade hoxe abandonada, situada no norte de Siria. 

Pedra con inscricións musicais antigas.

S. IX

Xorde a notación musical en Occidente cos primeiros Neumas.

Trátase dunhas pequenas liñas curvas que servían para indicar de maneira visual os movementos ascendentes e descendentes da melodía.

 Primeira páxina do ciclo pascual Laudes Salvatori, con neumas.

S. XI

Guido de Arezzo inventa o tetragrama, sentando as bases da notación musical occidental moderna, xa que tamén deu o nome ás notas musicais a partir dun Himno a San Xoan Bautista.

Partitura antiga escrita sobre Tetragrama

S. XIV

A partir do século XIV consolídase o uso do actual pentagrama, aínda que como podes observar na imaxe, as figuras teñen forma romboide.

Non será ata o século seguinte que se comece a usar figuras de forma máis redondeada. 

Partitura de fin do medievo.



Páxina 11 de 22

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)