Glosario
Murmurio
-
Definición:
-
Ruído pouco intenso.
-
Exemplo:
-
O murmurio das follas movidas polo vento axúdame a durmir.
Definición:
Ruído pouco intenso.
Exemplo:
O murmurio das follas movidas polo vento axúdame a durmir.

Imaxina que estás na clase tranquilamente e escoitas caer un dicionario e un lapis ao chan.
Como lle explicarías a alguén que non estivo alí a diferenza entre os dous sons?
Para iso debes empregar os parámetros do son.
Son catro e permítennos describir con precisión como é un son determinado.
Por exemplo, o dicionario soaría máis forte e máis grave, mentres que o lapis sería máis agudo e suave.

Nunca che molestou o ruído dun xiz rascando o encerado?
Ese é un son irritante porque é moi agudo.
Ou, pola contra, pensa no ruído grave do motor do autobús escolar que arrinca.
Recoñeces a diferenza entre os ruídos, aínda que teñan o mesmo volume?
Este é o parámetro da altura.

Recibes unha mensaxe no móbil e soa durante a clase, iso é un intre moi curto.
Pero se recibes unha chamada o móbil soa un anaco máis longo.
Os dous poden ter o mesmo volume e ser igual de agudos, pero hai unha diferenza: canto tempo dura cada un?
Este é o parámetro da duración.

Algunha vez incomodoute a alarma do recreo demasiado preto ou cando hai berros no corredor?
Aí é onde entra en xogo a intensidade do son.
Murmurar en clase é un son de intensidade moi baixa.
Berrar no patio é un son de intensidade moi alta.

Se estades todos en clase falando á vez hai moito murmurio.
Con todo, ti es capaz de distinguir a voz do profesor ou profesora cando comeza a falar.
E tamén recoñecer a voz do teu mellor amigo ou amiga entre as dos demais, verdade?
Este parámetro é o timbre.

Agudo ou grave?
O ruído dun xiz rascando o encerado é agudo, mentres que o motor do autobús escolar é grave.
Altura

Canto tempo?
Unha notificación do móbil é un intre moi curto, pero unha chamada dura un anaco máis longo.
Duración

Demasiado forte?
Murmurar en clase ten un nivel moi baixo, mentres que os berros no patio ou a alarma teñen un nivel alto.
Intensidade

Quen ou que?
Permite distinguir a voz do profesorado ou recoñecer a voz da túa mellor amiga entre o murmurio da clase.
Timbre

A altura é a calidade do son que nos permite determinar se é agudo ou grave.
Represéntase na partitura empregando as notas musicais, as claves e o pentagrama.

A duración é o parámetro do son que nos permite identificar se é longo ou curto.
Represéntase na partitura empregando as figuras musicais.

É o parámetro do son que nos permite identificar se é forte ou suave.
Represéntase na partitura empregando os matices de intensidade e os reguladores.

É o parámetro do son que che permite identificar que instrumento, obxecto ou persoa emite un determinado son.

Altura
Determina se un son é agudo ou grave. Represéntase no pentagrama coas notas e as claves.

Duración
Determina se un son é longo ou curto. Represéntase na partitura coas figuras musicais.

Intensidade
Determina se un son é forte ou suave. Represéntase mediante matices e reguladores.

Timbre
Permite identificar que instrumento, obxecto ou persoa emite e produce o son.
Lea o parágrafo seguinte e escribe as palabras que faltan.
Na seguinte actividade vas traballar con musicogramas.
Un musicograma é unha representación visual dunha peza musical. Emprega debuxos, símbolos, liñas e cores para plasmar a duración, altura, intensidade e timbre da peza.
Adiviña cal das seguintes melodías se corresponde con cada musicograma.

Nesta actividade vas explorar a idea que cativou a grandes artistas: como se traduce o son e o silencio a formas e cores?
A obra da esquerda, titulada "Verstummen" (silencio en alemán), pertence ao artista Wassily Kandinsky.
Nesta obra, o artista buscaba o "son interior" das cores.
Do mesmo xeito, María Helena Vieira da Silva tamén representou a súa visión do silencio.
Na obra "Silence", trata de probar que as sensacións auditivas poden transformarse en algo visual.
Chega o momento de que debuxes de xeito creativo o silencio e os sons que te rodean.

Unha vez rematados os 4 minutos de debuxo reparte en grupo:
Páxina 8 de 22
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0