2. Lixo para os ouvidos

Contaminación acústica

Imaxe que amosa unha rúa de cidade con múltiples fontes de ruído, como un martelo neumático, unha batería, un can ladrando e tráfico. O son está visualizado con ondas mentres os peóns tapan as orellas.

A contaminación acústica é o exceso de ruído que hai nun lugar e que pode chegar a resultar molesto ou incluso prexudicial para a saúde.

Podes atopala en moitos sitios: nas rúas con moito tráfico, preto de obras, en locais moi concorridos ou mesmo na túa propia casa cando hai sons constantes e fortes.

No teu día a día no instituto exposte tamén a este tipo de contaminación.

Por exemplo, cando nos corredores hai berros, cando se pechan portas con forza, cando na aula hai demasiado murmurio ou cando no recreo o nivel de ruído é tan alto que tes que elevar moito a voz para falar cos/as teus/túas compañeiros/as.

Todo isto fai que che custe concentrarte, que te canses máis e mesmo che pode provocar dor de cabeza.

Lectura facilitada

A contaminación acústica é o exceso de ruído nun lugar.

Cando hai moito ruído, as persoas séntense molestas e a súa saúde pode sufrir.

O ruído excesivo pode estar en moitos sitios:

  • Nas rúas con moitos coches.
  • Preto das obras.
  • En lugares con moita xente.
  • Na casa, se hai sons fortes todo o tempo.
  • O ruído no instituto.

No teu instituto tamén hai contaminación acústica cando:

  • Hai berros polos corredores.
  • Péchanse as portas con moita forza.
  • Hai moito barullo dentro da clase.
  • No recreo tes que falar moi alto para que te escoiten.

O exceso de ruído é malo para ti porque:

  • Cústache máis concentrarte no que fas.
  • Sénteste máis cansado/a.
  • Pode provocarche dor de cabeza.

É importante...

... que recoñezas estes niveis excesivos de ruído e que intentes poñer da túa parte para melloralos. 

  • Baixa o ton de voz.
  • Respecta os espazos comúns.
  • Colabora para que na aula exista un ambiente máis tranquilo.
  • Estarás contribuíndo a reducir a contaminación acústica no centro.
  • Deste modo, o benestar e o clima de convivencia melloran para ti e para todas as persoas que te rodean.

Páxina 4 de 22

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)