1. Paisaxe sonora

 

Glosario

Paisaxe sonora

Pictograma da paisaxe dunha montaña e un río nun día soleado. .

Definición:

Conxunto de sons característicos dun lugar. Poden ser sons naturais (paxaros, vento, mar) ou artificiais (coche, obras).

Exemplo:

A paisaxe sonora da costa componse dos ruídos dos barcos, os cantos dos paxaros e as ondas do mar.

Como facer música?

Neste vídeo podes ver como se pode facer música empregando obxectos cotiáns —coitelos, caldeiros, vasos, paus ou bolsas— que normalmente non asociamos á música. Isto lévanos a pensar:

  • Que obxectos se usan no vídeo para crear sons? Cres que eses sons son ruídos, sons musicais ou unha mestura dos dous?
  • Pode o ruído converterse en música se se organiza dun certo xeito?
  • Como che fai sentir o que escoitas no vídeo? (divertido, curioso, raro, sorprendente…)
  • Se ti tiveras que facer unha pequena “peza musical” con obxectos da túa casa ou do instituto, cales usarías e por que?

Lectura facilitada

Neste vídeo podes ver como se fai música con obxectos normais.

Son cousas que usas todos os días.

  • Que obxectos se usan no vídeo para facer sons?
  • Esos sons son ruído, son música ou unha mestura dos dous?
  • Se organizas ben os ruídos, pódense converter en música?
  • Como te sentes ao escoitar o vídeo?

Imaxina que tes que facer música na túa casa ou no instituto.

  • Que obxectos usarías? Por que elixirías eses obxectos?

Ruído ou música?


Serás quen de converter o ruído en música cos utensilios da aula?

A maior parte do tempo non es consciente da paisaxe sonora que te rodea, nin de como a túas propias accións contribúen a facela máis ou menos agradable.

Neste REA vas somerxerte no son: escoitando, analizando e reflexionando sobre o ambiente sonoro da túa contorna. 

O teu reto final será elaborar unha peza rítmica colectiva que sirva para concienciar a comunidade educativa sobre a importancia de escoitar de forma responsable e coidar a paisaxe sonora.

Cando chegues á meta

Cando remates este reto poderás: 

  • Identificar e describir os parámetros do son de diferentes fontes sonoras e obxectos cotiáns empregados como instrumentos.
  • Recoñecer e aplicar patróns rítmicos e melódicos básicos na creación de acompañamentos e pequenos fragmentos musicais.
  • Improvisar de maneira libre ou seguindo pautas sinxelas co fin de elaborar fragmentos musicais individuais e colectivos que formen parte da actuación final.
  • Analizar situacións de contaminación acústica da contorna, explicar as súas consecuencias e propoñer medidas para mellorar a calidade sonora nos espazos do centro.
  • Distribuír os roles dun equipo de forma equilibrada e consensuada para lograr obxectivos comúns.
  • Crear unha actuación musical colectiva cun obxectivo artístico e comunicativo, utilizando obxectos da vida cotiá como instrumentos.

Páxina 2 de 22

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)