4. Parece que vai bo tempo

 

Glosario

Escaleta

Icona dun guión e unha claqueta

Definición:

Documento no que figuran ordenadas as diferentes intervencións dun evento.

Exemplo:

Houbo que modificar a escaleta do festival unhas horas antes pola enfermidade dun dos artistas.

Todo encaixa

Fotografía dun día de nubes e claros nunha paisaxe de campos verdes con montañas ao fondo.

Que gusto dá cando, logo de semanas enteiras de nubes, ventos fortes, chuvias intensas, días escuros e brétemas mestas, sae finalmente o primeiro raio de sol. O tempo clareou e as ideas comezan a ter sentido.

Despois de descubrir, ler e traballar todos os capítulos do conto, agora é hora de poñelos en orde. Chegaches ao momento decisivo desta aventura!

Nesta fase, serás quen de reconstruír a historia completa: ordenarás os capítulos seguindo a súa orde cronolóxica e farás todo o preciso para contalo e interpretalo diante do colexio, na Fin de Curso.

Lectura facilitada

Xa liches, escoitaches e traballaches todos os capítulos.

Agora tes que poñer os capítulos en orde.

É o momento decisivo desta aventura.

Prepárate para contar a historia completa na Fin de Curso.



Páxina 16 de 26

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)