1.1. Entre marzo e abril sae o cuco do cubil

Cando algo se torce

Pictograma con debuxos nevando, nube con un raio, vento e choiva.

Era xoves, o día estaba revolto. Tanto chovía como saía o sol ou se levantaba o vento. Non descansara nada aquela noite.

—Espabila que marcha o autobús!— berrou a miña avoa mentres saía da casa cara a parada metendo o traballo que tanto me costara facer na mochila.

Escoitei o seu motor, coma se dunha fera se tratara, cada vez máis preto. Case sen folgos fun quen de chegar e poñer un pé para montar.

O condutor miroume malhumorado, tirei pola mochila e aguantando o equilibrio fun quen de subir o outro pé. Non correu a mesma sorte o meu traballo. Con tanto abaneo a mochila abriuse e as follas saíron voando ao sentido contrario da marcha que o autobús retomara. 

—Detéñao, por favor— supliqueille ao conductor.

—Non teño tempo de parvadas, xa chegamos tarde— respostou o conductor sen posibilidade de réplica.

Mentres o autobús marchaba o meu traballo voaba ao son do vento e con el, tamén a posibilidade de aprobar a materia.

Lectura facilitada

O xoves saín tarde da casa para ir ao colexio.

Collín o autobús polos pelos.

Cando subía vooume o traballo que tiña preparado para presentar no colexio.

A onde foi dar o traballo?

Icona de pregunta

Como calquera xoves saíches cedo da casa cara a escola. Levantouse o vento e, de súpeto, un feixe de follas escritas pegaron contra o teu corpo. Recóllelas e non sabes o que é pero parece importante. Seguro que lle levou un montón de tempo a alguén facelo. Con coidado recóllelo e gárdalo na túa mochila porque empeza a chover. Cando chegas á escola comprobas que está en bo estado e descobres que son os capítulos dun libro ou dun conto.

Pero, sorpresa! Está todo revolto e os capítulos non están numerados.

Cres que serás quen de ordenalos xunto cos teus compañeiros e compañeiras da clase?

Lectura facilitada

Como cada xoves saíches cara a escola cedo. 

Atopaches un feixe de follas escritas.

Son os capítulos dun conto.

Está todo revolto e os capítulos non están numerados.

Cres que serás quen de ordenalos xunto cos teus compañeiros e compañeiras da clase?

A historia

Folios

Todos os capítulos levan por título un fenómeno atmosférico, por exemplo: pingas de chuvia feble e ruxe a tormenta. 

De que cres que trata a historia que recolliches? Debate cos teus compañeiros as posibilidades.

Escoita e responde

Escoita con atención estes fragmentos e logo responde no teu caderno:

Que diferencias escoitas?

Son todas actuais?

Cal é a obra máis antiga, e a máis moderna?

Vídeo 1
Vídeo 4
Vídeo 2
Vídeo 5
Vídeo 3
Vídeo 6

Lista desordenada

Volve escoitar os fragmentos e ordénaos de xeito cronolóxico.

  • Vídeo 5
  • Vídeo 3
  • Vídeo 6
  • Vídeo 4
  • Vídeo 1
  • Vídeo 2

Comprobar

Correcto!

202553182529-120
Actividade non completada#Actividade superada. Puntuación: %s#Actividade non superada. Puntuación: %s#Lista desordenada

A resposta correcta é:

Páxina 3 de 26

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)