4.1. Lista de reprodución

Selecciona a música

Pictograma de ARASAAC dun disco que ilustra a explicación das actividades relacionadas coa interpretación musical.

Vas realizar unha sesión de música latina. Por unha banda está a interpretación da Batucada, que vai funcionar como interludio instrumental e, por outra, temos a sesión de baile.

Non podes improvisar que temas se van escoitar para bailar. Organízate, xunto aos teus compañeiros e compañeiras en catro grupos. Cada un dos grupos será o encargado de seleccionar tres temas dos catro estilos de música latina traballados: cumbia, chachachá, salsa e merengue.

Confecciona unha lista de reprodución final dos temas e ordénaos no soporte oportuno (pc, memoria externa, altofalante).

Non esquezas comprobar que todo funcione!

Lectura facilitada

Vas realizar unha sesión de música latina.

Organízate en catro grupos; un grupo por estilo.

Cada grupo selecciona tres temas.

Confecciona unha lista de reprodución final.

Non esquezas comprobar que todo funcione!

Escaleta

Pictograma de ARASAAC que ilustra a lista de reprodución.

Para non deixar ningún cabo solto, realiza unha escaleta para a sesión de música latina. Nela debes especificar a orde de intervención de cada actividade. Deberás poñer todas as intervencións de batucada e os temas seleccionados para bailar.

É importante que apuntes tamén os minutos de cada unha das intervencións xa que, a actividade vai ter unha duración determinada, e deberás ter cuberto todo o tempo da mesma sen ocos baleiros. A música debe soar ao longo de toda a sesión.

Que non pare a festa!

Preme na imaxe para descargar o PDF (ábrese nunha nova xanela).

Material descargable da escaleta da sesión de música latina, ao premer abre o documento nunha xanela nova.

Lectura facilitada

Realiza unha escaleta para a sesión de música latina.

Nela debes especificar a orde de intervención de cada actividade.

Deberás poñer todas as intervencións de batucada e os temas seleccionados para bailar.

É importante que apuntes tamén o tempo de duración de cada unha das intervencións.

Preme para descargar o PDF (ábrese nunha nova xanela).

Material descargable da escaleta da sesión de música latina, ao premer abre o documento nunha xanela nova.

Páxina 17 de 26

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)