5. Conclusión

E todo o ten o seu final

Logo dunha longa viaxe chea de descubrimentos, aprendizaxes, historias, palabras novas e creacións compartidas, chegamos ao noso destino final. Neste apartado imos facer unha pequena parada para mirar atrás, ver todo o que fixemos e pensar no que aprendemos polo camiño.

Reflexionar axúdanos a entender mellor o que fixemos, como o fixemos e que podemos mellorar para a próxima aventura. É como facer a mochila de volta cun recordo de cada etapa da viaxe.

Lectura facilitada

Despois dunha longa viaxe de descubrimentos, aprendizaxes, historias e creacións, chegamos ao destino final.

Agora imos facer unha pequena parada para mirar atrás e ver todo o feito.

Reflexionar axúdanos a entender mellor o que fixemos, como o fixemos e que podemos mellorar no futuro.

É como facer a mochila de volta cun recordo de cada etapa da viaxe.

Que aprendín?

Na seguinte imaxe tes un resumo de todo o aprendido durante o proceso de realización do reto. Podes ampliala facendo clic sobre ela.

Esquema visual: marcando páxinas

Podes descargar este esquema visual en PDF premendo nesta ligazón

Páxina 28 de 33

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)