Glosario
Argumento
-
Definición:
-
Razoamento con que se proba ou demostra algo.
-
Exemplo:
-
Non daba argumentos convincentes.
Declaración
-
Definición:
-
Comentar e dar a coñecer algún tema.
-
Exemplo:
-
O xornal publicou unhas declaracións do presidente.
Evidencia
-
Definición:
-
Algo que é certo e seguro.
-
Exemplo:
-
A evidencia de que a auga molla.
Folclore
-
Definición:
-
Conxunto de tradicións, costumes, manifestacións artísticas etc., dun pobo.
-
Exemplo:
-
O baile da muiñeira forma parte do folclore galego.
Impersoal
-
Definición:
-
Algo que non pertence ou non está dirixido a unha persoa en particular.
-
Exemplo:
-
Comentou os erros de maneira impersoal.
Rigoroso
-
Definición:
-
Persoa que fai unha cousa ou di algo de maneira severa e sen facer excepción.
-
Exemplo:
-
O xuíz foi moi rigoroso.
Veraz
-
Definición:
-
Son cousas que corresponden á realidade con exactitude e que é verdade.
-
Exemplo:
-
Non dubido das súas palabras porque é unha persoa veraz.







