4.2. Espías dos contidos

Buscando contido

Imaxe dunha lupa ampliando un textoXa tes o reto decidido, perfecto! Ao longo desta fase vas ter que pensar e buscar os contidos para elaborar o documento instrutivo que escolliches. É importante decidir ben o que se quere contar para conseguir que o noso texto instrutivo se entenda ben.

Non te preocupes, terás moita axuda ao longo desta fase.

Lectura facilitada

Decidiches o reto, moi ben!

Na fase actual debes pensar e buscar

os contidos para o teu documento instrutivo.

Tes que pensar que incluír

para que o texto sexa comprensible.

Non te preocupes,

recibirás moita axuda nesta etapa.
 
 
 
 

Un pouco de orde!

Imaxe dunha man ordenando librosDebes ter en conta que cando se fai un traballo é moi importante ser unha persoa organizada. Gardar cada cousa no seu lugar e cos nomes correctos vaiche facilitar atopar os teus documentos, traballos, imaxes..., cando ti as precises. A continuación vas coñecer un pouco máis unha das túas ferramentas de traballo, o ordenador EDIXGAL. Non esquezas tamén que os teus cadernos e apuntamentos deben estar igual de ordenados.

Aprendo a ordenar os meus ficheiros: creamos cartafoles. Podes facer clic nas fotos para velas mellor.

Crear un cartafol

Creamos cartafoles foto 1

No escritorio do teu ordenador, fai clic no botón dereito do teu rato. No menú que aparece, fai clic en "Crear cartafol..."

Poñer nomes axeitados

Creamos cartafoles foto 2 

  Creamos cartafoles foto 3
 

Pensa un nome axeitado para o cartafol.

No noso exemplo estamos creando o cartafol da material de Lingua Galega e Literatura.

Selecciona o texto "Novo cartafol" e escribe o nome que escolliches.

Preme no botón "Crear".

Localizamos o cartafol e entramos nel

Creamos cartafoles foto 4

Creamos cartafoles foto 5

 

Localiza no teu escritorio o cartafol que acabas de crear.

Fai dobre clic co botón esquerdo do rato para abrilo e ver o que hai dentro.

Estará baleiro.

Crearemos outro cartafol dentro facendo de novo clic dereito no rato. Aparecerá un novo menú. Preme en "Novo cartafol"

Escribe o nome do novo cartafol

Creamos cartafoles foto 6    

Creamos cartafoles foto 7

Escribe o nome do novo cartafol. No exemplo imos poñer "Tema 1 título da unidade".

Ti podes poñer o título da Unidade 1 da materia.

Fai clic no botón "Crear"

Accedemos ao novo cartafol e creamos o último


Creamos cartafoles foto 8
 

Creamos cartafoles foto 9

Creamos cartafoles foto 10   

Creamos cartafoles foto 11

 

Imos crear o último cartafol. Accede de novo facendo dobre clic no cartafol do "Tema 1 Título da unidade".

Dentro deste, fai clic dereito para que apareza o menú de crear cartafol.

De novo preme en "Novo cartafol".

Escribe o nome, nós imos poñer "Reto 1: a receita da aula".

Preme en "Crear".

Comproba que o cartafol se creou correctamente.

Listo! xa es unha persoa moito máis organizada.

Lectura facilitada

É importante ser unha persoa organizada cando se traballa.

Manter as cousas en lugares específicos

e con nomes axeitados é mellor.

Fai que sexa máis fácil atopar documentos,

traballos e imaxes cando os necesitas.

Vas aprender máis sobre o ordenador.

Non esquezas manter tamén os teus cadernos

e apuntamentos en orde.

Imos aló cos contidos

Como dixemos, non te preocupes! Terás axuda ao longo de toda esta fase. Simplemente fai clic no reto que escolliches.

  • Reto 1: a receita da aula.
  • Reto 2: prospecto de EDIXGAL.
  • Reto 3: guía e mapa da escola.
  • Reto extra: manual do voso tema inventado.

Lectura facilitada

Non te preocupes!

Terás axuda ao longo de toda esta fase.

Fai clic no reto que escolliches para continuar.

  • Reto 1: a receita da aula.
  • Reto 2: prospecto de EDIXGAL.
  • Reto 3: guía e mapa da escola.
  • Reto extra: manual do voso tema inventado.

Páxina 27 de 45

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)