Toca reflexionar! Na Fase 1 desta aventura vimos os posibles retos aos que poderiades enfrontarvos. Escolle o que máis che guste e xustifica brevemente porque o fixeches.
Podes facelo do seguinte xeito:
Pensa no reto que che gusta.
Busca argumentos para defender a elección dese reto.
Prepara unha bonita exposición de non máis dun minuto e medio.
Defende a túa proposta.
Todas e todos puntuaredes as propostas das outras compañeiras e dos outros compañeiros do voso grupo coa axuda dunha folla de avaliación.
Poredes en común todas as puntuacións e a máis votada será o reto que teredes que facer.
A continuación atoparás un formulario que che vai axudar a tomar unha decisión.
Lectura facilitada
Le de novo os retos no apartado 1.2.
Escolle o teu reto favorito.
Pensa en razóns para a túa elección.
Prepara unha exposición breve.
Defende a túa elección.
Puntúas as propostas do resto de persoas do grupo.
Decide coa axuda do resto de persoas que reto facer en base ás puntuacións.
Audio
Apoio visual
Pero antes de continuar... Lembra!
Aquí tes a definición e as principais características dos textos instrutivos.
Pasos a seguir
Lectura facilitada
Escolle e ordena os retos segundo as túas preferencias.
Lembra os tres retos dispoñibles.
- Reto 1, deseña e elabora a receita
de normas de convivencia da nosa aula.
- Reto 2, deseña e elabora un prospecto
de boas prácticas para os equipamentos EDIXGAL.
- Reto 3, deseña e elabora a guía turística para o día
de portas abertas ou para alguén que non coñeza o centro.
- Podes propor un reto diferente.
Chamarémoslle reto extra,
pero deberás elaborar un manual.
Xustifica a túa elección do primeiro reto.
Reflexiona sobre como o reto elixido
podería mellorar a situación na aula ou no centro.
Podes facer unha proposta dun reto diferente.
Nese caso, explica cal sería ese reto e por que é importante.
Ti xa escolliches o teu reto? Perfecto!
Agora tes que presentalo ao grupo.
Prepara unha presentación sinxela para defender a túa idea.
Lembra que as outras persoas do grupo vante avaliar en:
Claridade e fluidez da túa exposición.
Fala con calma e pausas.
Uso de recursos visuais efectivos.
Fai unha presentación atractiva.
Argumentación sólida e lóxica.
Ten respostas preparadas para as preguntas.
Exposición de razóns convincentes para elixir o reto.
Ten motivos reais para defenderte.
Orixinalidade e creatividade da túa defensa.
Intenta ser orixinal para destacar.
Preparación da exposición sobre a proposta do reto.
Explica claramente a túa elección do reto.
Detalla porque pode axudar na aula ou no centro.
Podes propoñer un reto diferente, pero explica as mesmas cousas.
Revisa a gramática dos teus textos e busca imaxes en internet.
Busca motivos convincentes e procura ser orixinal e creativo ou creativa.
Precisas axuda coa presentación?
Este vídeo axudarache a dar os primeiros pasos co editor de presentación de Libre Office, a ferramenta chámase Impress. Imos alá! Tamén aprenderás porque é importante atribuír os dereitos das imaxes que usamos e como facelo.
Manexar o Libre Office Impress
Facer a atribución das imaxes que usamos
Atribuír quere dicir dar crédito á persoa que é dona da imaxe. É importante porque mostra respecto polo traballo das persoas autoras. Se non damos crédito, poderíamos estar a facer algo que non é legal. Ademais é moi fácil!
Se usas pictogramas de Arasaac só tes que poñer ao final da túa presentación:
Os símbolos pictográficos utilizados son propiedade do Goberno de Aragón e foron creados por Sergio Palao para ARASAAC (http://www.arasaac.org), que os distribúe baixo Licenza Creative Commons BY-NC-SA.
Lectura facilitada
Vídeo para aprender os primeiros pasos co editor
de presentacións do LibreOffice Impress.
Aprenderás tamén a importancia de atribuír os dereitos
das imaxes que usamos e como facelo.
Manexar o Libre Office Impress
Facer a atribución das imaxes que usamos
Atribuír significa dar crédito á persoa que é dona da imaxe.
É importante por respecto ao traballo das persoas autoras
e para evitar problemas legais.
Se usas pictogramas de Arasaac,
só precisas colocar no final da túa presentación:
"Os símbolos pictográficos utilizados son propiedade do Goberno
de Aragón e foron creados por Sergio Palao para ARASAAC
(http://www.arasaac.org), distribuídos baixo Licenza Creative Commons BY-NC-SA."
Traballamos en grupo
Lembrade que a partir de agora ides traballar en grupo e iso implica que cada persoa debería ter un rol para o traballo. Pode ser que unha persoa teña que buscar imaxes, outra información, outra escribir o texto de cada parte, outra deseñar o formato e decorar e outra supervisar e anotar a evolución do proceso.
Persoa buscadora de imaxes e información: hai multitude de páxinas web con información (Wikipedia), pictogramas gratuítos (Arasaac).
Persoa redactora de texto: podes empregar a folla de recollida de contidos ou o teu portátil e LibreOffice Writer para elaborar os textos.
Persoa deseñadora do formato e presentación: podes deseñar empregando LibreOffice Draw con texto, imaxes, etc.
Persoa organizadora e apuntadorarexistrando o traballo. Podes ir rexistrando as actuacións e melloras nun caderno.
Estas son algunhas das ideas para que o traballo en equipo funcione e se poida chegar a un resultado. Ollo, que unha persoa sexa a encargada dunha parte non quere dicir que teña que facelo soa. Precisará axuda de todo o grupo para tomar decisións, ter ideas, facer correccións...
Esta é a nosa proposta de organización, pero se tedes outra, adiante!
Lectura facilitada
O traballo en grupo require
papeis específicos para cada persoa.
- Investigador ou investigadora, busca imaxes e información