4.2. Últimos retoques

Perfilando o reto para que nada se escape

Chegou o momento de repartir os papeis do guión e ensaiar para que estea todo listo para a emisión do programa. Como grupo tedes que pensar que compañeira/o pode desenvolver mellor cada personaxe.

Ademais de repartir os papeis ponte de acordo coas compañeiras e compañeiros do teu grupo para traer o vestiario e complementos pertinentes para caracterizar os vosos personaxes. Lembrade que en breve imos empregar todo o equipamento!

Preparadas/os para a acción?

Páxina 16 de 26

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)