4.2. Listas e listos? Xa!

Ensaio e posta en marcha!

Ensaio

Xa tes o recuncho da instalación artística listo!

Antes de invitar ao resto do cole, dedícalle un tempo a probar os recunchos dos demais equipos. Así saberedes o que funciona, o que non, e que cousas podedes mellorar. Teredes que pasar por todos os recunchos. Así que organizade nos grupos como o ides facer.

Posta en marcha

E agora si! Chega o momento de que todo o centro coñeza o voso traballo así como as mulleres relevantes que temos na nosa comunidade.

Decidide que días se porá en marcha para que o resto do cole pase pola aula. E a gozar do traballo ben feito!

Lectura facilitada

Antes de invitar ao resto do cole,

probade os recunchos dos demais equipos.

Organizade nos grupos como o ides facer.

Decidide que días se porá en marcha,

para que o resto do cole pase pola aula.

E a gozar do traballo ben feito!

Que tal vos foi?

Agora toca valorar nos grupos os recunchos do resto de equipos. Tendes adxunta a guía de observación.

Tamén podedes pegar nun lugar visible do centro, unha diana de valoración para que o resto do cole valore como resultou a instalación artística despois de probala. Isto serviravos para mellorar nas seguintes propostas que presentedes.

Así que xa sabedes... 3, 2, 1, acción!

Lectura facilitada

Agora toca valorar nos grupos

os recunchos do resto de equipos.

Descargade a guía de observación.

Pegar nun lugar visible do centro,

unha diana de valoración

para que o resto do cole

poida valorar a instalación artística.

3, 2, 1, acción!

Páxina 26 de 36

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)