1. Preparámonos

"Ghastas pista?" é unha expresión galega que empregaban os homes para sacar a bailar ás mulleres nas festas.

Co reto que presentamos a continuación, a pregunta vai no sentido contrario. Coñecerás unha serie de mulleres que, empregando o toque de Warhol, serán o centro do noso proxecto. Empregaremos obxectos cotiás como facía el, somerxéndonos na cultura da Arte Pop da que el foi un dos máximos representantes.

Vamos alá!

Pictograma de dúas persoas bailando

Lectura facilitada

"Ghastas pista?" é unha expresión galega

que empregaban os homes

para sacar a bailar ás mulleres nas festas.

Neste reto usaremos o sentido contrario.

Coñecerás mulleres que serán o centro do noso proxecto.

Empregaremos obxectos cotiás

como se facía na cultura da Arte Pop.

Páxina 2 de 36

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)