1.5. Diario de aprendizaxe

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapaAntes de comezar, se non sabes o que é un diario de aprendizaxe fai clic na seguinte ligazón e dedica uns minutos a ler as explicacións. Aí podes atopar tamén o documento para descargar.

Busca a páxina que corresponde á fase 1 e completa todos os apartados. Na reflexión dedica uns minutos a pensar e non escribas calquera cousa só por rematar pronto!

Valora o teu traballo, as cousas que fixeches en equipo, e tamén sobre a maneira na que aprendes. Isto servirache de moito en futuras aprendizaxes.

Ir ao apartado sobre o diario de aprendizaxe.

Lectura facilitada

Se non sabes o que é un diario de aprendizaxe,

le as explicacións no apartado sobre o diario de aprendizaxe

Busca no teu diario de aprendizaxe

a páxina da Fase 1

e completa os apartados.

Pensa e non escribas calquera cousa!

Reflexiona sobre o teu traballo,

sobre o traballo en equipo,

e como aprendes.

Ir ao apartado sobre o diario de aprendizaxe.

Páxina 7 de 36

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)