Obxectivos

- Amosar respecto ante a diversidade, a igualdade e a inclusión na práctica deportiva.
- Coñecer e practicar xogos e deportes adaptados como boccia e goalball.
- Autorregular a propia actuación motriz en situacións non habituais.
- Regular e xestionar as emocións durante a práctica deportiva, priorizando o gozo e o xogo limpo por riba do resultado.
- Coñecer e aplicar medidas básicas de seguridade e primeiros auxilios, adaptándose á contorna.
- Abordar a educación viaria dende a actividade física e deportiva.





