Cada unha das partes ou unidades dunha lista, dunha proba, dun cuestionario...
Exemplo:
Creei unha lista de todos os deberes e, cando remato, marco o indicador de logro acadado.
Lista de cotexo
Definición:
Rexistro para seguir o progreso ou a realización de tarefas específicas con ocos para marcar se se cumpren ou non.
Exemplo:
A lista de cotexo de baloncesto axuda ao profesor a seguir as habilidades e o progreso do alumnado.
Orientacións para superar o reto
Atende ben aos seguintes pasos para a construción dos vosos circuítos, son os que precisarás dar para completar con éxito o reto:
1. Pensa e idea
Ti e máis teu grupo, idearedes un circuíto con variadas probas motrices. É importante que planifiquedes todo ben antes de poñervos a practicar. Todos e todas debedes participar e achegar ideas.
2. Monta e proba
Unha vez o teñades claro, chega o momento de levalo á práctica: organizade o material no ximnasio e facede o voso circuíto realidade. Despois, teredes que probalo para ter a seguridade de que o grupo enteiro pode superalo con éxito.
3. Elabora e entrega
Unha vez probado e validado o circuíto, teredes que coidar a maneira de presentalo na ficha voso grupo. Realizade un debuxo e unha explicación detallada das diferentes probas, o cal entregaredes ao/á docente.
Antes de continuar, hai algo importante que debes saber! Para finalizar axeitadamente o teu reto e non esquecer ningún paso, terás á túa disposición unha lista de cotexo cunha serie de indicadores de logro que debes cumprir e marcar como completados. As listas de cotexo son un bo sistema para que vaias rexistrando os teus avances.
Acceso á lista de cotexo no apartado 4.2 desta fase.
Lectura facilitada
Recorda que o reto consiste en crear un circuíto de habilidades que sexa doado para todos e todas.
Xa tes un equipo e xa aprendiches e practicaches as habilidades da corda e do parkour para mellorar as túas capacidades físicas.
Agora é o momento de facer o reto.
Segue os seguintes pasos:
1. Pensade a idea.
Pensade e planificade as probas que terá o voso circuíto. Que todo o mundo participe e aporte ideas.
2. Montade e probade.
Colocade o material no ximnasio e realizade o circuíto. Todos e todas debedes ser capaces de superalo.
3. Creade e presentade
Unha vez rematado, debuxádeo e explicádeo na ficha do voso grupo. Entregádeo ao/á docente.
Para facer ben o reto e non esquecer nada, utiliza a checklist cos ítems que debes completar.